Saltar ao contido

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Complexo Hospitalario Universitario A Coruña
Tiporede de hospitais
Data de fundación21 de agosto de 1972
Localización
EnderezoAs Xubias de Arriba, 84
EnA Coruña
PaísGalicia
43°20′40″N 8°23′19″O / 43.34434722, -8.38855833
Na rede
http://hospitalcoruna.sergas.es/Paginas/bienvenida.aspx
Dialnet: 2339577
editar datos en Wikidata ]

O Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC), ata 2008 coñecido como Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo,[1] é un conxunto de centros de asistencia sanitaria especializada, docencia e investigación en Ciencias da Saúde pertencente ao Servizo Galego de Saúde (Sergas), na cidade da Coruña. Inaugurouse en 1972 e ten unha zona de docencia dependente da Universidade da Coruña.

Hospital A Coruña
Sinal Juan Canalejo en 2013

O CHUAC foi inaugurado o 21 de agosto de 1972 por Franco co nome de Residencia Sanitaria Juan Canalejo en honra ao falanxista Juan Canalejo.[2] O edificio fora deseñado polo arquitecto Martín José Marcide Odriozola e custara entón 135 millóns de pesetas.[3] Cunha superficie de 50.000 metros cadrados e 830 camas, era o maior hospital de Galiza. Ata a súa inauguración, o hospital coruñés era o actual Materno Infantil Teresa Herrera, de medicina xeral, cunhas 250 camas. Na súa inauguración tiña unha sección de medicina xeral, un centro de traumatoloxía e rehabilitación e unha área de consultas externas.

O CHUAC foi o primeiro hospital de Galiza en facer transplantes, de ril en 1981, de corazón en 1991, e de fígado en 1994. Tamén era un centro de referencia para tratar a hemofilia ou as lesións medulares. En 1976 fíxose a primeira operación para separar siamesas. En 1992 o hospital pasou a depender do Sergas, ata entón dependera do Insalud.

En 2008 foi pioneiro en practicar unha operación intrauterina ou en extraer a vesícula pola vaxina.

É un centro de referencia en queimados críticos, transplante de pulmón ou traumatoloxía infantil, entre outros. Hoxe en día o Complexo Hospitalario Universitario (CHUAC) está formado polo Hospital Abente y Lago, o Materno Infantil (Teresa Herrera) e o Marítimo de Oza, así como os centros de Carballo e Betanzos. En total conta con máis de 4.800 empregados, unhas 1.440 camas e 30 quirófanos, segundo a Memoria de 2011.[4]

Recursos asistenciais

[editar | editar a fonte]

O CHUAC está formado por un grupo de centros asistenciais e recursos sanitarios da cidade da Coruña e os concellos da súa área de influencia sanitaria, que comprende os distritos sanitarios de Cee e da Coruña. Inclúe os concellos da costa dende Corcubión ata Miño e polo interior ata Sobrado.

Centro Camas Quirófanos Salas de consulta
e probas
Boxes de
Urxencias
Hospital Universitario da Coruña 871 15 55 10
Hospital Teresa Herrera 305 7 66 5
Hospital Marítimo de Oza 156 - 9 -
Hospital Abente y Lago 116 7 52 -
Centro de Especialidades do Ventorrillo - - 57 -
Centro de Especialidades de Carballo - - 9 -
Centro de Especialidades de Betanzos - - 7 -
Outros - - 3 -
TOTAL 1.448 29 258 15

Recursos humanos

Persoal directivo
Persoal facultativo (non inclúe MIR)
MIR
Persoal sanitario non facultativo
Persoal non sanitario
Persoal funcionario
Persoal laboral
Persoal convenio Universidade
Persoal de empresas concertadas
18
758
265
2432
1119
3
4
20
230
Área sanitaria da Coruña e Cee dependente do CHUAC
Distrito sanitario de Cee Distrito sanitario da Coruña
Cee
Zas
Vimianzo
Dumbría
Camariñas
Muxía
Fisterra
Corcubión
A Coruña
Laxe
Cabana de Bergantiños
Ponteceso
Malpica de Bergantiños
Carballo
Arteixo
Oleiros
Sada
Bergondo
Betanzos
Paderne
Vilarmaior
Miño
Irixoa
Aranga
Curtis
Sobrado
Vilasantar
Oza-Cesuras
Coirós
Abegondo
Culleredo
Cambre
Carral
Cerceda
Laracha
Coristanco

O complexo sanitario

[editar | editar a fonte]

Hospital A Coruña

[editar | editar a fonte]

Anteriormente chamado Juan Canalejo.

Hospital Teresa Herrera

[editar | editar a fonte]

Hospital materno infantil bautizado en memoria de Teresa Margarita Herrera y Pedrosa, quen fundou o primeiro hospital benéfico da cidade da Coruña. Foi inaugurado por Franco en xullo de 1951 e tiña entón 250 camas. Reabriu como hospital materno en 1985.[5]

|

Hospital Marítimo de Oza

[editar | editar a fonte]

Sitúase sobre o antigo lazareto marítimo inaugurado en 1888, que foi convertido en sanatorio en 1910.[5] O recinto está formado por varios edificios: a batería de Oza (obra de 1797 rehabilitada en 1999), o pavillón cirúrxico Fernández Latorre (inaugurado en 1913), o pavillón de colonias (obra de Pedro Mariño de 1929, reformado por Ramón das Casas en 1997),[6] e o Hospital de Oza (de Alberto Pineda e Andrés Reboredo, de 1998).[7][8]

Hospital Abente y Lago

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Hospital Abente y Lago.

A orixe do antigo hospital militar remóntase ao século XV. Pechado en 1995, foi reaberto o 29 de maio de 1996 e dous anos despois foi rebautizado en memoria do militar e médico Ezequiel Abente y Lago (1841–1923).[9][10][11]

Outros centros

[editar | editar a fonte]

Centros de especialidades

[editar | editar a fonte]
  • Ventorrillo (A Coruña)
  • Betanzos
  • Carballo: Cirurxía xeral, obstetricia, oftalmoloxía, radioloxía, reumatoloxía e traumatoloxía
  • Ponteceso: Radioloxía

Centros de orientación familiar

[editar | editar a fonte]
  • Ventorrillo (A Coruña): Avenida de Fisterra, 314
  • Miguel Servet (A Coruña): Rúa Tui, 19

Unidades de saúde mental

[editar | editar a fonte]
  • Centro de saúde de Cambre
  • Centro de saúde de Elviña
  1. El Juan Canalejo hará efectivo en 20 días su cambio de nombre a Complexo Hospitalario Universitario A Coruña
  2. Vidal, María (22-8-2012). "El Chuac cumple 40 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18-1-2017. 
  3. Instituto Nacional de Previsión ABC
  4. La Residencia se hace mayor La Opinión A Coruña
  5. 5,0 5,1 Fernández, C. "La inauguración del Juan Canalejo, hace 25 años, colmó una vieja aspiración". La Voz de Galicia (en castelán). 
  6. "Hospital Marítimo de Oza". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2014. Consultado o 18 de xaneiro de 2017. 
  7. Hospital Marítimo de Oza
  8. SERGAS (ed.). "Hospital Marítimo de Oza - Área Sanitaria de Coruña y Cee (Hospitales, Centros de Salud, Casas del Mar y Consultorios)". xxicoruna.sergas.gal. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  9. Seis siglos de hospitales militares en A Coruña
  10. El Abente y Lago cumple 10 años
  11. Ficha Arquivado 31 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en Turgalicia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]