María José Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María José Alonso Fernández»)
María José Alonso
Nome completoMaría Josefa Alonso Fernández
Nacemento22 de decembro de 1958
Lugar de nacementoCarrizo de la Ribera
NacionalidadeEspañola
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónFarmacóloga, catedrática de Universidade, académica e investigadora
PremiosVéxase o texto
Na rede
http://www.usc.es/grupos/mjalonsolab/
Dialnet: 752942
editar datos en Wikidata ]

María Josefa Alonso Fernández, nada en Carrizo de la Ribera (provincia de León) o 22 de decembro de 1959,[1] é unha farmacéutica, catedrática e académica galega[2] especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1981 licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, e en 1985 acadou o doutoramento con premio extraordinario.[1] Nese mesmo ano foi nomeada profesora axudante do Departamento de Tecnoloxía Farmacéutica de dita Universidade. É docente deste departamento desde entón e, desde 1998, como catedrática.

Nos anos 1986-87 iniciou a súa actividade no campo das nanopartículas como sistemas de liberación de fármacos na Universidade de París XI. En 1988 traballou como investigadora na Universidade de Angers, onde foi científica visitante, e no Instituto Tecnolóxico de Massachussets (1991-92 e 2012).

Foi vicerreitora de Investigación e Innovación da USC desde 2006 até 2010.[3]

O seu laboratorio na Facultade de Farmacia da USC foi pioneiro en numerosos descubrimentos no campo da nanofarmacéutica e da nanomedicina. É autora de máis de 260 contribucións científicas, con máis de 14 900 citas, e a inventora de 20 patentes.[4]

Actividades realizadas[editar | editar a fonte]

Dirixiu 25 proxectos financiados por institucións públicas, entre eles varios proxectos europeos e financiados por institucións internacionais como a OMS e a Bill & Melinda Gates Foundation. É autora de 97 publicacións científicas en revistas internacionais de alto impacto na área da liberación de fármacos, de dezasete capítulos de libros e de oito patentes.[5] Así mesmo, ten participado como conferenciante invitada en trinta congresos internacionais.

Foi membro do comité científico e organizadora de numerosos congresos e cursos de ámbito internacional. É fundadora e presidenta da Sociedade Hispano-Portuguesa de Liberación Controlada (1995). É a coordinadora da Rede Temática de Investigación en Sistemas de Liberación de Moléculas Activas (SLMA). Por iniciativa da Sociedade Europea para a Ciencia (NSF), liderou grupos de traballo sobre a Nanomedicina, e é responsable da división de educación e comunicación da Plataforma Tecnológica Española de Nanomedicina.

É fundadora da asociación Spanish Portuguese Chapter of the Controlled Release Society e presidenta da súa xunta directiva (1995-97), así como secretaria da mesma (1997-2000), Governor da Controlled Release Society (1995-1998) e, desde 2018, presidenta da institución,[4][6] membro do Board of Pharmaceutical Sciences da International Pharmaceutical Federation (1998-2000), membro de Scientific Advidsory Board da Association de Pharmacie Galénique Industrielle (1997-2000) e pertence á European Federation for Pharmaceutical Sciences.

É tamén membro do American Institute for Medical and Biological Engineering (Instituto Estadounidense de Enxeñaría Médica e Biolóxica), e da US National Academy of Medicine (Academia Nacional de Medicina dos Estados Unidos).[4]

Así mesmo, e membro do comité editorial das seguintes revistas internacionais:

  • Pharmaceutical Research,
  • Journal of Controlled Release,
  • International Journal of Pharmaceutics,
  • European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics,
  • European Journal of Pharmaceutical Sciences,
  • Drug Development and Industrial Pharmacy,
  • Drug Delivery Sciences & Technologies e J. Microencapsulation.

M. J. Alonso está incluída na clasificación dos dez maiores expertos mundiais en farmacoloxía e toxicoloxía, elaborado polo Times Higher Education, co que se converteu na primeira española en alcanzar este posto.[7] [8] O ránking do índice h, o indicador máis relevante do impacto das publicacións científicas dentro dunha área específica, outórgalle un índice-h 71[2], a posición máis alta entre todas as investigadoras que figuran na lista en calquera dos ámbitos científicos indexados. Dende o ano pasado, Alonsofigura como a científica máis influente no eido das Ciencias da Saúde, posto no que se mantén neste 2019.[2]

A profesora Alonso é membro da

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Alonso Fernández, María, en Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. Santiago de Compostela: Editoral Compostela, S.A., 2002, ISBN 84-8064-113-2.
  2. 2,0 2,1 2,2 "GCiencia. Xornalismo+Divulgación". María José Alonso, a científica máis influente de España. Consultado o 07/04/2019. 
  3. 3,0 3,1 Curriculum Vitae de M. J. Alonso.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Páxina web da CRS Arquivado 27 de xullo de 2018 en Wayback Machine. (en inglés).
  5. Lista de publicacións (1982-2014) na páxina web de M. J. Alonso na USC.
  6. «Potenciamos empresas para que los investigadores no tengan que emigrar» Entrevista con M. J. Alonso. La Voz de Galicia, 5-8-2018.
  7. 7,0 7,1 María José Alonso: «Galicia sí pinta algo en ciencia». La Voz de Galicia, 8-6-2011.
  8. 8,0 8,1 María José Alonso logra el premio Novoa Santos de los médicos gallegos La Voz de Galicia, 12-10-2011.
  9. "María José Alonso Fernández. Medalla nº17" (PDF). Academia de Farmacia de Galicia. Consultado o 07/04/2019. 
  10. Mañán ingresa na Real Academia Galega de Ciencias Da. Mª. José Alonso Fernández Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine.[sic] Real Academia Galega de Ciencias.
  11. María José Alonso ingresa na Real Academia Galega de Ciencias Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine..
  12. María José Alonso ingresa en la Academia Nacional de Farmacia Arquivado 20 de decembro de 2014 en Wayback Machine.. El Correo Gallego, 18-6-2010.
  13. García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11. 
  14. La Reina Sofía entrega a María José Alonso el premio Jaime I de investigación La Voz de Galicia. Ed. Santiago, 18-10-2011.
  15. María José Alonso galardonada con el Premio María Josefa Wonenburger Planells Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine. Páxina web do CESGA.
  16. María José Alonso gana el premio Marie Janot (sic) La Voz de Galicia, 3-4-2014.
  17. Medallas Castelao 2018 Arquivado 05 de agosto de 2018 en Wayback Machine.. El Correo Gallego, 5-8-2018.
  18. "El Ministerio de Ciencia e Innovación otorga las diez modalidades de los Premios Nacionales de Investigación 2021". Ministerio de ciencia e innovación. 
  19. "La científica gallega María José Alonso, nombrada Honoris Causa de la Universidad de Nottingham". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-07-29. Consultado o 2022-07-30. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]