Estanislao Durán Gómez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1906 Vigo, España |
Morte | 16 de maio de 1974 (68 anos) Vigo, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Pereiró |
Alcalde de Vigo | |
setembro de 1939 – 24 de xuño de 1940 ← Luis Suárez-Llanos Menacho – Luis Suárez-Llanos Menacho → | |
Actividade | |
Ocupación | político, empresario |
Estanislao Durán Gómez, nado en Vigo o 8 de maio de 1906 e finado na mesma cidade o 16 de maio de 1974, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do consignatario de buques Estanislao Durán David.[1] Fixo a carreira de enxeñeiro industrial en Loughborough e incorporouse en 1928 á consignataria da familia. Pertenceu á Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo e foi presidente da Asociación de Navieros e Consignatarios. Nomeado deputado provincial en representación do partido xudicial de Vigo-Tui en decembro de 1936. Foi alcalde de Vigo de setembro de 1939 ata o 24 de xuño de 1940.[2] En 1947 trasladouse a Madrid onde foi representante das compañías aéreas estranxeiras que operaban en España. Foi presidente da empresa Estanislao Durán e Hijos SA. Tamén foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedad Municipal de Vigo. Finou en Vigo o 16 de maio de 1974.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Marisa Fuentes e foi pai de María Luisa e Beatriz Durán Fuentes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Finado o 3 de decembro de 1953.
- ↑ "Faro de Vigo". Consultado o 16-04-2017.
- ↑ Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 17-5-1974, p. 10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Amoedo López, Gonzalo (2010). A memoria e o esquecemento: O franquismo da provincia de Pontevedra. Vigo: Xerais. p. 139. ISBN 978-84-9914-192-3.
Predecesor: Luis Suárez-Llanos Menacho |
Alcalde de Vigo 1939 - 1940 |
Sucesor: Luis Suárez-Llanos Menacho |