Luis Suárez-Llanos Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Luis Suárez-Llanos Gómez (Vigo, 15 de maio de 1933- 9 de xullo de 2016), foi un catedrático galego de dereito mercantil e membro da Real Academia Galega de Ciencias.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do presidente da Deputación de Pontevedra e alcalde vigués Luis Suárez-Llanos Menacho, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou. Despois incorporouse como profesor de Dereito mercantil á facultade de económicas na mesma universidade, onde foi decano entre 1969 e 1971 e de 1974 a 1980.

En 1978 foi un dos académicos fundadores da Real Academia Galega de Ciencias.

Foi presidente do Consello Económico e Social de Galicia entre 1996 e 2004, cando foi relevado por Pablo Egerique.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Añoranzas y desconsuelos: pequeñas historias de vida universitaria , 2010, memorias.
  • Responsabilidad de los administradores de sociedad anónima, 1962
  • Derecho, economía, empresa. Volumen 1, Elementos de teoría geneal del derecho patrimonial, 1988
  • Introducción al derecho mercantil: introducción al derecho de obligaciones, introducción al derecho de la empresa mercantil, 1998

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]