Saltar ao contido

Xosé Franco Montes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Franco Montes»)
Modelo:BiografíaXosé Franco Montes
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1879 Editar o valor en Wikidata
Vigo Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xullo de 1939 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Vigo Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto, político Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 127790 BUSC: 981013406132807712

José Franco Montes (en realidade José Franco Domonte[Cómpre referencia]), nado en Vigo o 22 de xaneiro de 1879 e finado ibídem o 31 de xullo de 1939,[1] foi un escultor, arquitecto e político galego.

Casa do Concello da Estrada, obra do arquitecto.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Franco Franco (concelleiro de Vigo) e Matilde Domonte,[1] fixo os seus primeiros estudos e bacharelato no colexio dos xesuítas de Camposancos, A Guarda. Estudou na Escola de Arquitectura de Madrid[1] titulándose o 21 de agosto de 1903. Casou con Emérita Fernán-Díez na igrexa de Santiago de Vigo en 1915. Só tiveron unha filla, Matilde Franco Fernán-Díez, que casou co marqués da Sala de Partinico, Manuel Santiago Thomás de Carranza e de Luque-Romero.

Igrexa de Santa Cristina de Sabarís.

En 1905 é nomeado arquitecto municipal de Vigo e en 1906 vicepresidente da Asociación de Arquitectos de Galicia. En 1908 funda a Cámara da Propiedade Urbana de Vigo. En 1909 é elixido secretario do Partido Liberal de Vigo e con 30 anos convértese en concelleiro do Concello de Vigo. Foi tamén deputado provincial e concelleiro honorífico da Coruña. En 1916 é nomeado arquitecto diocesano de Tui. Queda viúvo o 10 de xuño de 1936. Foi nomeado tenente de alcalde de Vigo en 1938, ostentando o cargo de alcalde en funcións de Vigo. Foi nomeado presidente do Padroado local de Formación Profesional de Vigo no mesmo ano.[2]

Arquitecto da Real Academia de San Fernando, profesor de Máquinas da Escola de Artes e Industrias de Vigo,[3] arquitecto municipal de Vigo e arquitecto diocesano de Tui. Foi vicepresidente e fundador da Asociación de Arquitectos de Galicia (actual Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia), fundador da Cámara da Propiedade Urbana de Vigo, secretario do Partido Liberal, concelleiro, a partir de 1910, do concello de Vigo polo Partido Liberal, tenente de alcalde do Concello de Vigo e alcalde en funcións, apartado da vida política coa chegada da II República e nomeado deputado provincial en xullo de 1939 polo goberno de Francisco Franco.[1] Tamén foi escultor.[4] O Concello de Vigo dedicoulle o nome dunha rúa no lugar de Lavadores.

Casa Hermanos Suárez, 1920.

A súa obra, de estilo modernista, desenvólvese dende 1904 até o final da súa vida. Entre os seus proxectos salientan:

  1. 1 2 3 4 Gran Enciclopedia Galega.
  2. ↑ Boletín Oficial del Estado núm. 598 de 12/06/1938.
  3. ↑ Diario Faro de Vigo de decembro de 1903
  4. ↑ Parte da biografía de José Franco Montes aparece na Enciclopedia Universal Ilustrada de Espasa, no Tomo XXIV, páx. 1095.
  5. ↑ Rosa Ma. Creixell i Cabeza, Esteve Castañer Muñoz, Teresa M. Sala Garcia. Espaces intérieurs, Edicions Universitat Barcelona, 2007.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]