Enrique Blein Budiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enrique Blein Budiño.

Enrique Blein Budiño, nado en Vigo en 1885 e finado na mesma cidade o 10 de decembro de 1936, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Primitivo Blein Costas. Comerciante en Vigo. Foi o primeiro alcalde de Vigo da II República, pero foi destituído en setembro de 1931[1]. En xaneiro de 1936 foi elixido presidente da agrupación de Izquierda Republicana de Vigo e en febreiro foi reposto como concelleiro e elixido 1º Tenente de alcalde, tamén foi elixido vicepresidente da Deputación provincial de Pontevedra. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. Foi xulgado en Vigo por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Detido, estivo preso na Ramallosa e despois trasladado ao cárcere de Vigo. Padecía un cancro e foi hospitalizado o 30 de outubro nos pavillóns sanitarios do Hospital Municipal. Morreu de cancro de estómago en estado de semi-abandono no Hospital Municipal de Vigo o 10 de decembro de 1936[2]. Despois da súa morte foi sancionado con 50.000 pesetas por resolución da autoridade militar e como consecuencia embargáronlle á súa muller e fillos todo o seu patrimonio.


Predecesor:
Manuel San Román Ceballos
 Coat of Arms of Vigo.svg
Alcalde de Vigo
 
1931
Sucesor:
Amando Garra Castellanzuelo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]