Enrique Lorenzo Docampo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de novembro de 1892 Vigo, España |
Morte | 1981 (88/89 anos) Vigo, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Pereiró |
Procurador en Cortes | |
6 de novembro de 1967 – 30 de xuño de 1970 – José Luis Peláez Casalderrey → Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967 Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
4 de outubro de 1963 – 6 de xuño de 1964 ← Prudencio Landín Carrasco Lexislatura: VII lexislatura das Cortes franquistas | |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
1963 – 1970 ← Prudencio Landín Carrasco – José Luis Peláez Casalderrey → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | empresario, político |
Premios | |
Enrique Lorenzo Docampo, nado en Vigo o 16 de novembro de 1892 e finado na mesma cidade en 1981, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de estar emigrado na Arxentina entre 1911 e 1915, regresou á súa cidade natal para comezar a actividade empresarial. No barrio de Teis fundou en 1919 unha empresa caldeireira, co tempo reconvertida no estaleiro Factorías Vulcano-Enrique Lorenzo y Cía, que tivo o seu maior período de actividade na década de 1960, en pleno auxe do sector da construción naval. En 1958 fundou en Meira a empresa conserveira Conservas La Guía, activa até 1981.
En 1963 foi nomeado presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, permanecendo no cargo até 1970. Foi procurador en Cortes como representantes de Deputacións Provinciais (1963-1970). Amais, formou parte de diversas iniciativas económicas, deportivas e sociais. Foi membro da xunta directiva da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación local, conselleiro do Banco de Vigo, censor de contas de Tranvías eléctricos de Vigo, presidente do Centro de Hijos de Vigo, fundador e primeiro presidente do Real Aero Club de Vigo, e directivo do Club de Campo de Vigo.
En 1963 recibiu o Paul Tissandier Diploma de mans da Fédération Aéronautique Internationale pola súa achega á aviación deportiva.
Predecesor: Prudencio Landín Carrasco |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1963 - 1970 |
Sucesor: José Luis Peláez Casalderrey |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 126. ISBN 84-87379-47-8.