Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Museo Etnolóxico de Ribadavia, de titularidade estatal e xestión transferida á Xunta de Galicia, primeiramente funcionou como sección do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Foi concibido por Manuel Chamoso Lamas.[1][2][3]
Situado no Pazo de Baamonde ou Casa da Fundación Martín Vázquez,[4] conta cos fondos Jesús Sánchez Orriols Chucho, Rubén García Álvarez e Meruéndano. Reúne importantes coleccións etnográficas de distintas zonas da Provincia de Ourense, desde finais do século XIX ata os nosos días, como cerámica, útiles de oficios tradicionais, apeiros de labranza, artes de pesca fluvial etc. Mención á parte merece a colección de obxectos relacionados co viño e a vide, produción característica da Comarca do Ribeiro. Destaca tamén a biblioteca especializada en antropoloxía e etnografía e unha abundante documentación sobre tradicións orais, así como un fondo que supera as 350.000 imaxes fotográficas[5] e material documental sobre o teatro galego, incluído un fondo procedente da Asociación Cultural Abrente.
| Comercio de Ramón Nogueira, ca. 1900, fotógrafo Serafín Rodríguez Rodríguez (1883-1907). |
| Guillotina de taller de encadernación. |
|
Refaixo ou
zagal, peza de roupa interior feminina de abrigo, ca. 1900.