Saltar ao contido

Xesús Conde González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXesús Conde González
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor en Wikidata
Castrelos Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xullo de 1979 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Vigo Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Municipal de Artes e Oficios de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, carniceiro Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsBenedicto Conde González Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Diciopedia do século 21
Dicionario biográfico de Galicia Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 103889 BNE: XX1231512 BUSC: 981013405591907712 Tebeosfera: conde_gonzalez_xesus

Xesús Conde González, nado en Castrelos (Vigo) en 1906[1][2] e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1979, foi un carniceiro, escritor e debuxante galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Carniceiro de profesión, estudou debuxo na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo e foi socio fundador da Sociedad Amigos del Arte de Vigo.

Ilustrou Geografía del Reino de Galicia. Colaborou en Galicia, a revista do Centro Gallego de Buenos Aires, e Hispano-Brasileira de São Paulo; nos semanarios La Ráfaga e Galicia Social e nos xornais El Pueblo Gallego e Faro de Vigo. En radio, traballou nas emisoras La Voz de Vigo, Radio Vigo e Radio Popular de Vigo. Finou en Vigo o 1 de xullo de 1979 aos 73 anos.[3]

Como debuxante foi seguidor da escola de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.[4]

Obra en galego

[editar | editar a fonte]
  • Unha lenda de San Amaro, 1930 (poesía relixiosa; co seu irmán Benedicto).[5]
  • Cousas nosas, 1960 (narrativa).
  • Cando Colás foi á lúa, 1969 (narrativa).[6]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Lavadores con Nieves Fernández Pérez en decembro de 1939.[7]

  1. ↑ "Conde González, Jesús". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
  2. ↑ Outras fontes aforman que naceu en 1909: «A sociedade de "Amigos del Arte" de Vigo» Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Gabinete de Prensa do Concello de Vigo.
  3. ↑ Faro de Vigo, 2-8-1981, p. 77.
  4. ↑ "Conde González, Xesús". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 560. ISBN 978-84-8288-942-9.
  5. ↑ "Imaxe da portada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 01 de marzo de 2016.
  6. ↑ O autor enviou un exemplar aos astronautas do Apolo 11. Eles respondéronlle enviándolle unha medalla (GEG).
  7. ↑ El Correo Gallego, 10-12-1939, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]