Saltar ao contido

Supermartes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Supermartes
Tipoprograma de televisión Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua galega Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalTelevisión de Galicia Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo1992 Editar o valor en Wikidata
Remate2005 Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesIMDB: tt0312213 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Supermartes foi un programa concurso emitido na Televisión de Galicia entre 1992 e 2005. Desde 1996 o programa emitiuse en directo. En total graváronse 635 edicións.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Baseado no formato do popular show televisivo Sábado gigante da televisión chilena,[1] o programa tiña diferentes probas ("O mentireiro verdadeiro", "Asalto á fama"…) das que se escollía un finalista que participaba na proba final ("Superprendas"). O gañador pasaba logo a un panel do que saían os premios. Na realización das probas participaban personaxes galegos coñecidos.

O programa era presentado por Xosé Manuel Piñeiro, coa voz en off de Gonzalo Faílde. O personaxe de Atilano, con aspecto de esqueleto, é interpretado por Xosé Casal Sueiro «Lito» (1992-1993), e logo por Ángel Gradín (1993-2005), trataba de que os concursantes errasen.

Outras versións

[editar | editar a fonte]

En 2002 estreouse unha versión en Canal Sur, a televisión autonómica andaluza.[2]

  1. Jurado, Francisco J. (22 de xaneiro de 2025). "'Supermartes', el mítico programa de Xosé Manuel Piñeiro que triunfó en Galicia durante 13 años". El Español (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2025. 
  2. Mirás, Nacho (7 de outubro de 2002). "Canal Sur emite desde hoy la versión andaluza de «Supermartes»". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago de Compostela). Consultado o 23 de xaneiro de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]