Ramón Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Lorenzo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1935 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Eirapedriña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Director de teseDámaso Alonso Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo , catedrático Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoXosé Bieito Arias Freixedo Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeÚrsula Heinze Editar o valor em Wikidata
FillosAmaya Lorenzo Heinze Editar o valor em Wikidata
Premios

Bitraga: 373 Dialnet: 47988

Ramón Lorenzo Vázquez, nado en Eirapedriña (Ames) o 16 de setembro de 1935, é un estudoso da lingua galega e da prosa medieval, catedrático de Lingüística e Literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela dende 1981 e membro de número da Real Academia Galega[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa tese titulada Traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla recibiu o premio extraordinario de doutoramento e constitúe unha referencia inescusable para o estudo da lingua medieval galega e portuguesa. Non menos valiosa é a edición galega da Crónica troiana. O Consello da Cultura Galega publicou en 2019 Mosteiro de Montederramo. Colección documental e índices,[2][3] dispoñible na Gallaeciae Monumenta Historica.[4]

Por outra banda, formou parte do grupo literario Brais Pinto, canda Méndez Ferrín, Alexandre Cribeiro, Herminio Barreiro, Reimundo Patiño etc, e foi un dos impulsores da revista de creación poética Dorna.

En 1971 participou na fundación do Instituto da Lingua Galega[5], institución á que permanece vinculado.

Traduciu obras de literatura xuvenil, como O ponche dos desexos, de Michael Ende (xunto a Úrsula Heinze). Ingresou na Real Academia Galega o 7 de maio de 1999 coa lectura do discurso Reflexións crítico-eruditas e sentimentais sobre a lingua, respondido por Constantino García[6]

Galardóns[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Úrsula Heinze en 1968[Cómpre referencia].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ramón Lorenzo Vázquez". Real Academia Galega. 
  2. "Mosteiro de Montederramo". consellodacultura.gal. Consultado o 2019-12-27. 
  3. Ferro Ruibal, Xesús. "Ramón Lorenzo e a 'Colección documental do mosteiro de Montederramo'". academia.gal. Consultado o 2019-12-27. 
  4. "GMH: GMH". gmh.consellodacultura.org. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2019. Consultado o 2019-12-27. 
  5. Ramón Lorenzo: “O PP non fai galeguismo cordial, o que fai é atacar a lingua” Arquivado 10 de abril de 2016 en Wayback Machine., entrevista de Alberto Ramos, publicada orixinalmente no Xornal de Galicia, 26/5/2011.
  6. Lorenzo, R. (1999). Reflexións crítico-eruditas e sentimentais sobre a lingua. A Coruña: Real Academia Galega. 
  7. VV.AA. (2011). Ramón Lorenzo. Señor das palabras (PDF). Fundación Otero Pedrayo. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]