Herminio Barreiro
Herminio Barreiro | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1937 |
Lugar de nacemento | Dorrón |
Falecemento | 6 de novembro de 2010 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Soterrado | Sisán |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Madrid |
Ocupación | pedagogo |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Herminio Barreiro Rodríguez, nado en Dorrón (Sanxenxo)[1][2][3][4] o 1 de outubro de 1937 e finado en Santiago de Compostela o 6 de novembro de 2010[5], foi un docente e pedagogo galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Herminio Barreiro Calvete, mestre socialista encarcerado durante a Guerra Civil española[6], pasou a súa infancia en Cerdedo, onde a súa nai fora destinada como mestra. Estudou bacharelato en Pontevedra e a partir de 1958 Filosofía e Letras en Madrid. Alí, xunto a outros galegos que estaban estudando na universidade, fundou o grupo Brais Pinto.
En 1965 marchou a Francia a dar clase de español, e nese país afiliouse ao Partido Comunista de España.
De volta en Galicia, traballou como profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC e publicou diversos traballos relacionados principalmente con temas históricos e educativos. Tamén dirixiu o anuario de historia da educación Sarmiento. Foi colaborador de prensa diaria e participou en diversas empresas culturais. Politicamente estivo durante boa parte da súa vida vencellado ao Partido Comunista e a Esquerda Unida, pola que se presentou como candidato a distintas eleccións municipais en Santiago[7].
Foi un gran profesor, un gran teórico, un historiador da pedagoxía dende a perspectiva do ensino como ferramenta liberadora do ser humano. Era un antifascita e un loitador e un escritor precioso. Fóiseme un irmán
Obra en galego[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Retallos para un tempo distinto, 1992, Edicións do Castro.
- No solar galego de Camoens, 2002, edición de autor.
- Recordar doe. Lembranzas escolares e universitarias (1940-1965), 2008, Xerais.
- Memoria crítica da escola desde a universidade (historia mínima dun curso especial na USC), 2011, Universidade de Santiago de Compostela.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Historia da educación. Textos comentados, 1994 (con Vicente Peña Saavedra).
- Neste silencio: Arredor de Uxío Novoneyra, 2000, Noitarenga.
Obra en castelán[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Lorenzo Luzuriaga y la renovación educativa en Galicia, 1989.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- La institución escolar. Una creación del Estado moderno, 2005 (con Aida Terrón Bañuelos).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Gran Enciclopedia Galega.
- ↑ Dicionario biográfico de Galicia
- ↑ Homenaxe de despedida a Herminio Barreiro nun acto cívico en Sisán Arquivado 13 de novembro de 2010 en Wayback Machine., páxina web de Edicións Xerais, 8/11/2010.
- ↑ En lembranza de Herminio Barreiro Arquivado 13 de novembro de 2010 en Wayback Machine., por Xosé Abilleira Sanmartín, A Nosa Terra, 8/11/2010
- ↑ O "mestre de mestres" Herminio Barreiro morre en Santiago aos 73 anos Arquivado 10 de novembro de 2010 en Wayback Machine., por A. R. López, El Correo Gallego, 7/11/2010.
- ↑
- Herminio Barreiro na páxina web Nomes e Voces.
- ↑ Candidaturas ás eleccións de 1999 Arquivado 22 de maio de 2011 en Wayback Machine., Vieiros
- ↑ Nova da morte de Barreiro Arquivado 09 de novembro de 2010 en Wayback Machine., o 6 de novembro de 2010 en Xornal de Galicia
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Barreiro Rodríguez, Herminio". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 97.
- "Barreiro Rodríguez, Herminio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1990). Diccionario de escritores en lingua galega. Do Castro. ISBN 978-84-7492-465-7.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Pensar non doe", monográfico sobre Herminio Barreiro en Galicia Hoxe, 19 de xuño de 2008.