Xosé Cribeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Alexandre Cribeiro")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Cribeiro
Nacemento29 de setembro de 1936
 Pontevedra
Falecemento2 de maio de 1995
 Pontevedra
SoterradoCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
Xosé Alexandre Cribeiro Rodríguez, firma.jpg
editar datos en Wikidata ]

Xosé Alexandre Cribeiro Rodríguez, nado en Pontevedra o 29 de setembro de 1936 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1995, foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dos mestres Pío Cribeiro González e Regina Rodríguez Bares, o pai fixo de bibliotecario no local que o Partido Galeguista tiña en Pontevedra e sufriu represalias aínda que non chegou estar no cárcere (foi suspendido de emprego e soldo varios anos). A familia trasladouse ao Morrazo e Xosé fixo o bacharelato en Pontevedra e Marín. Estudou Dirección no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas de Madrid, onde formou parte do grupo Brais Pinto. En 1959 foi premiado nas Festas Minervais de Santiago. Nos anos 60 trasladouse a Vigo, fundou o Cine Club Vigo, colaborou na prensa e foi activo militante do PCE. No ano 1962 casou con Concepción de Unamuno Adarraga, neta do escritor e filósofo vasco Miguel de Unamuno. Traballou en TVE e foi unha tempada director do centro de TVE en Galicia, cargo do que foi destituído debido a retransmisión do enterro de Castelao en 1984.[Cómpre referencia]

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]