Robert Neal Baxter
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1966 (57/58 anos) Shrewsbury, Reino Unido |
Educación | Universidade de York |
Actividade | |
Ocupación | mestre, escritor, tradutor |
Empregador | Universidade de Vigo (1995–) Universidade de Vigo |
Páxina web | cousasdeneal.webs.com |
Robert Neal Baxter, nado en Shrewsbury en 1966, é un lingüista e tradutor británico vinculado a Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Baxter é licenciado en Lingüística e Francés pola Universidade de York en 1989. Fixou a súa residencia en Galicia en 1993. Doutorouse en Tradución pola Universidade de Vigo en 2003, á que está vencellado como profesor de interpretación como membro da Facultade de Filoloxía e Tradución. É especialista nas linguas galega e bretoa. Foi corrector na publicación Terra e Tempo.
Canto á súa faceta política, é militante da UPG, partido integrado no BNG.
Obra
[editar | editar a fonte]Traducións do galego ao bretón
[editar | editar a fonte]- Álvaro Cunqueiro, "Taolioù-kaer Bran" (título orixinal: "Os oficios de Bran") en Homenaxe a Álvaro Cunqueiro no seu XXV Cabodano (2006: 24-27), Universidade de Vigo.
- Xosé Luís Méndez Ferrín, "Evit ur mab din" (título orixinal: "A un meu fillo"), en A un home noso. Homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín, Universidade de Vigo, 2008 (ISBN 978-84-8158-396-1).
Traducións do bretón ao galego
[editar | editar a fonte]- Mich Beyer, Unha volta polo inferno (título orixinal: Troiad en ifern), Editorial Hugin e Munin (2021) ISBN 978-84-123933-1-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do autor Arquivado 05 de marzo de 2017 en Wayback Machine. en Terra e Tempo.
- Páxina web do persoeiro Arquivado 28 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.