Saltar ao contido

Manuel Rodríguez Cadabal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Rodríguez Cadabal
Biografía
Nacemento1850 Editar o valor en Wikidata
Sabarís, España Editar o valor en Wikidata
Mortedecembro de 1925 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata


Manuel Rodríguez Cadabal, nado en Sabarís (Baiona) e finado en Vigo en xaneiro de 1926, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no Seminario de Tui. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Abriu bufete de avogado en Vigo. Dirixente do Partido Conservador de Vigo, foi deputado provincial polo distrito de Vigo-Tui en 1884, 1888 e 1892. Nos noventa foi representante legal e administrador xeral de Fernando Quiñones de León, xenro de José Elduayen e usufrutuario da Casa de Valladares, un dos principais patrimonios rendistas do sur da provincia de Pontevedra. Foi conselleiro do Banco de España en Vigo. Finou en Vigo a principios de xaneiro de 1926 e foi soterrado en Santa Cristina da Ramallosa.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Gran Cruz de Sabela a Católica.
  1. Vida Gallega 10-1-1926, p. 34.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]