Praia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Carnota (Lira).

Unha praia é unha forma xeolóxica consistente na acumulación de sedimentos, por efecto da dinámica local das ondadas. Estes sedimentos son normalmente areas pero tamén hai praias de gravas ou grixos e de croios, seixos ou bolos. Existen moitas clases de praias podendo existir varios tipos sobre un mesmo banco de sedimentos, por mor a que nuns metros o tipo de rompente pode variar dando orixe a un tipo de praia distinta.

Unha praia fórmase cando as ondas e as correntes do mar propician a chegada de sedimento á beiramar. Logo unha praia fórmase baixo dous supostos: o primeiro, que a forma da costa sexa tal que haxa unha zona onde se deposite unha determinada cantidade de sedimento e que sexa estábel cos diferentes estados do clima marítimo. O segundo, que exista unha zona na que se ben o sedimento vaise perdendo por algures, haxa unha achega de sedimento por outro que o poida compensar. Unha vez que foron depositados os sedimentos, a praia é modelada segundo o tipo de rompente que lle afecta.

A praia é unha xeoforma dinámica pola cal está en permanente cambio, suxeita en todo momento a acción que cada onda, cada marea e cada temporal lle provoca, con grandes e importantes transportes de propio sedimento que a compoñen.

O termo "praia" tamén ten unha acepción a miúdo empregada nos textos de xeografía e xeoloxía para designar os bordos flutuantes de lagos salobres, salinos ou de "salgares" propiamente ditos. Estes lagos salinos ou "salgares" acostuman presentarse en cuncas endorreicas ou depresións de escasa profundidade onde a evaporación é moi intensa, polo que se van acumulando os sales, ao precipitarse, no fondo das mesmas.

A praia como hábitat[editar | editar a fonte]

Praia da Puntilla, no Porto de Santa María (Cádiz).

Unha praia é algunhas veces un contorno inestábel que expón as plantas e animais que o habitan a condicións sempre cambiantes. Porén, eses patróns cíclicos diarios e estacionais levan a numerosos organismos vexetais e animais, as fontes de alimentación e de sobrevivencia. Algúns pequenos animais furan na area e aliméntanse co material depositado polas ondas. Tamén moran caranguexos, insectos, e pequenos paxaros. As tartarugas de mar depositan os seus ovos nas praias. Os restos de animais mortos e algas depositadas na zona superior da praia e dunas fai posible a aparición dunha tímida vexetación composta por matas e outras flores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praia

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]