Saltar ao contido

Fillos de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fillos de Galicia é un portal de Internet e comunidade virtual que se enfoca na cultura galega e a súa diáspora. O sitio, nacido en 1997[1], trata de unir e promover a relación entre os galegos e os seus descendentes arredor do mundo. A comunidade ofrece diversos contidos e servizos, como recursos para aprender a lingua galega ou atopar familiares en Galicia ou na emigración usando o Atopadoiro.[2] Fillos.org é un dos webs máis populares no que respecta ao pangaleguismo, a Galicia e máis especificamente á súa diáspora.[Cómpre referencia] En setembro de 2010 Fillos integrou parte dos seus sitios web en Blogaliza.[3]

Fillos de Galicia foi lanzado en 1997 por Manuel Casal Lodeiro, fillo de emigrantes galegos. Dende a súa concepción, o portal medrou de forma continua en número de visitas e de usuarios rexistrados (chamados membros da comunidade virtual) ata o momento en que tentou integrar a súa comunidade virtual en Blogaliza, integración que fracasou parcialmente dando como resultado a desactivación na práctica da comunidade virtual ata a súa restauración, xa de novo en Fillos.org, no ano 2014.[4] A asociación tamén lanzou ao longo da súa historia diversas páxinas web derivadas sobre temas específicos e editou varios libros dirixidos á diáspora galega.

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

En 2009 superáronse os 6.700 usuarios rexistrados na comunidade, que proceden de máis de 70 países distintos. A maior parte dos usuarios están entre os 30 e 60 anos de idade. Máis de 1.500 usuarios viven na Arxentina, e tamén hai poboacións considerábeis en España e o Brasil. Máis da metade dos usuarios rexistrados son galegos ou fillos de galegos. Máis dunha cuarta parte son netos de galegos. De todos os usuarios, unha pequena parte (chamados socios) pagan unha cota por formar parte da Asociación Cultural Fillos de Galicia, entidade legal responsábel de Fillos.org.

As visitas ao portal roldaron no ano 2009 350.000, cunha media mensual aproximada de 1 500 000 páxinas vistas e 30.000 visitas.

  1. Fillos de Galicia, captura de Internet Archive do 3 de decembro de 1998, en que se indica que o contador de visitas comezou a funcionar o 20 de novembro de 1997.
  2. "Atopadoiro". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2006. Consultado o 22 de febreiro de 2007. 
  3. "Procedemos ao traslado a Blogaliza: atentos ás súas pantallas". Fillos de Galicia. 2017-09-04. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 27 de xuño de 2018. 
  4. "O Taboleiro de Fillos volve á vida! Inauguramos con el a nosa etapa 6.0". Fillos de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 27 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]