Faísca. Revista de información municipal é unha publicación anual en lingua galega editada polo Concello do Pino, que ofrece información das actividades, proxectos, investimentos e novas producidas no municipio ao longo do ano.
Naceu en decembro de 2007, durante o mandato do alcalde Manuel Taboada Vigo, co compromiso de saír cunha periodicidade trimestral[1], aínda que nunca chegou a tal e, tras uns primeiros anos dubitativos, nos que incluso chegou suspenderse a publicación, finalmente acadou desde o 2011 unha frecuencia anual.
A edición é a toda cor, con numerosas fotografías e infografías e cun número de páxinas que xira arredor das 40. A temática é a de información municipal do concello do Pino.