José Manuel Fernández Alvariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Manuel Fernández Alvariño
Nacemento1947
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Fernández Alvariño, nado en Vigo en 1947, é un avogado e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia de empresarios, tomou a dirección do grupo de investimentos Alvariño, con sede en Vigo, que traballa en distintos sectores, dende a venda de automóbiles ata o desenvolvemento de software ou a enerxía fotovoltaica.

En 2003 converteuse en presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra. En 2013 desbancou o ata daquela presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, e fíxose el coa presidencia da maior organización empresarial galega, ao tempo que cesaba como presidente da delegación pontevedresa. Tamén foi vicepresidente da Cámara de Comercio de Vigo e formou parte das directivas doutros colectivos empresariais, como a Asociación de Talleres da provincia de Pontevedra (ATRA), da CEOE, da Autoridade Portuaria de Vigo ou do Consello Económico e Social de Galicia.

En 1993 impulsou a fundación do Club Financeiro de Vigo, do que ademais é presidente. En 2015 anunciou que non se presentaría á reelección no cargo.


Predecesor:
Antonio Fontenla
 
Presidente da CEG
 
2013 - 2016
Sucesor:
Antonio D. Moure