Ramón Nieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Remixio Ramón Nieto Otero»)
Infotaula de personaRamón Remigio Nieto Otero

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1856 Editar o valor em Wikidata
Lavadores.
Morte25 de xullo de 1928 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Viña del Mar.
Datos persoais
País de nacionalidadeGalega.
Actividade
Ocupaciónempresario , filántropo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría de la Vega

Ramón Remigio Nieto Otero, nado en Lavadores, no actual concello de Vigo, o 1 de outubro de 1856 e finado en Viña del Mar, Chile, o 25 de xullo de 1928,[1] empresario da salitre, foi un filántropo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 1 de xaneiro de 1900, con 44 anos de idade, Ramón Nieto creou a primeira escola no barrio de Barreiro sendo o seu primeiro director Severino Cobas, unha escola que acubillou a máis de sesenta rapaces que durante máis dunha década educou a varias xeracións de Lavadores.

O 16 de maio de 1914, a corporación do daquela concello de Lavadores decidiu nomealo fillo predilecto de Lavadores, e ordenando que cando os recursos do Concello o permitisen se adquirise o seu retrato e se colocase no salón da Casa Consistorial.

Foi así que doou arredor de corenta millóns de pesetas, e nos terreos familiares comezaron as obras para a construción das "Escolas Nieto", e a súa idea non só era que os rapaces aprendesen a ler e escribir senón tamén a aprender un oficio e cara a unha educación politécnica orientou un proxecto pedagóxico.[2]

Arredor de 1917 inaugurouse a escola, na zona coñecida coma a "Granxa" na avenida que na actualidade leva o seu nome. Coa presenza do propio Ramón Nieto e os membros do Padroado elixidos para dirixir a escola, levouse a cabo un acto que contou coa presenza de pais, alumnos e autoridades locais. Honorato Fernández Míguez, en nome da corporación Municipal, pediu en 1926 ao Consello de Ministros que se lle concedese a Ramón Nieto Otero a "Grande Cruz" coma propulsor da cultura do naquel entón Concello de Lavadores.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

No ano 1944 o concello de Vigo dedicoulle a principal estrada do barrio de Lavadores.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece en Chile Ramón Nieto" Faro de Vigo (en castelán).
  2. ""110 anos de andaina, Escolas Nieto"". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 15 de novembro de 2013. 
  3. Antomil Pérez, Daniel (2016). De los nombres de las calles de Vigo. Vigo: Ediciones Cardeñoso. p. 349. ISBN 978-84-8190-844-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]