Luis Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Luis Taboada Coca, nado en Vigo o 6 de outubro de 1848 e finado en Madrid o 13 de xaneiro de 1906, foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tarxeta postal de Eugenio Krapf manuscrita por Taboada.

Estudou no instituto de Pontevedra e traballou nos ministerios de Gobernación e de Fomento, sendo secretario particular de Ruiz Zorrilla e Nicolás María Rivero. Colaborou con crónicas festivas en La Ilustración Española y Americana, La Ilustración Ibérica, Madrid Cómico, Nuevo Mundo, El Imparcial, El Duende, ABC e Blanco y Negro. En El Miño publicou unha serie de poemas baixo o título de "Gorgoritos". Estreou en Madrid en 1878 a comedia nun acto Afinador y mártir. O humor de Taboada Coca, na liña costumista, foi moi popular en toda España. En Oráculos del matrimonio proporcionou un modo de saber que parella se terá, a partir duns tipos básicos de homes e mulleres, dos que se dan fotos. Wenceslao Fernández Flórez incluíuno na súa antoloxía do humor.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Madrid en broma, 1891.
  • La vida cursi, 1892.
  • Titirimundi, 1892.
  • Siga la fiesta, 1892.
  • Páginas alegres, 1893.
  • El mundo festivo, 1894.
  • Cursilones, 1895.
  • La viuda de Chaparro, 1899.
  • Los cursis, 1903.
  • Pescadero a tus besugos, 1905.
  • Las de Cachupín, 1905.
  • Oráculos del matrimonio, 1906.

Póstumas[editar | editar a fonte]

  • Pellejín: historia de un diputado de la mayoría, 1910.
  • Historia cómica de España, 1911 (en colaboración).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]