La Ilustración de Galicia y Asturias, despois coñecida como La Ilustración Gallega y Asturiana e finalmente como La Ilustración Cantábrica foi unha revista ilustrada[1] editada en Madrid entre 1878 e 1882.
O primeiro número, co primeiro dos títulos sinalados, saíu o 15 de xuño de 1878 e así seguiu saíndo durante ese ano. O 10 de xaneiro de 1879 aparece co título de La Ilustración Gallega y Asturiana, pasando de ter unha periodicidade quincenal a decenal. Máis tarde, o 8 de xaneiro de 1882, pasa a denominarse La Ilustración Cantábrica, deixando de publicarse, definitivamente, ese mesmo ano.[3]