Salvador de Ponte y Conde de la Peña
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de febreiro de 1894 Vigo |
| Morte | 8 de febreiro de 1963 Vigo |
| 31 de maio de 1961 – 27 de febreiro de 1963 (finado no cargo) – José Ramón Fontán → Lexislatura: VII lexislatura das Cortes franquistas | |
| 1960 – 8 de febreiro de 1963 (finado no cargo) ← Tomás Pérez Lorente – José Ramón Fontán → | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político |
Salvador de Ponte y Conde de la Peña, nado en Vigo o 21 de febreiro de 1894 e finado na mesma cidade o 8 de febreiro de 1963,[1] foi un militar e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Academia Militar de Guadalaxara. Coronel do Corpo de Enxeñeiros. Durante a República acolleuse ao retiro pola lei Azaña. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao exército sublevado ao mando da Comisión de Mobilización Industrial e o Destacamento de Obras. En 1950 foi destinado a Madrid como coronel da Comandancia de Obras. Foi alcalde de Vigo durante o franquismo, de agosto de 1960[2] a 1963, finando no cargo. Foi procurador en Cortes como representante dos municipios provinciais (1961-1963).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.
- Orde de Cisneros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Anoche falleció el alcalde de Vigo". El Pueblo Gallego. p. 1.
- ↑ "D. Salvador de Ponte, nuevo alcalde de Vigo". El Pueblo Gallego. 17 de agosto de 1960. p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro, X. R. (coord.); Barreiro, X. R.; López, B.; Mínguez, X. L. (2003). "PONTE Y CONDE DE LA PEÑA, Salvador". Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003) II. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia/RAG. p. 127. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.
| Predecesor: Tomás Pérez Lorente |
Alcalde de Vigo 1960-1963 |
Sucesor: José Ramón Fontán González |