Antonio Ramilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Ramilo
Nome orixinal(es) Antonio Ramilo Fernández-Areal Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de maio de 1928 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xaneiro de 2006 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 25 de novembro de 1974 – Joaquín Queizán Taboada →
Procurador en Cortes
29 de marzo de 1971 – 12 de novembro de 1971
← Manuel Paz Sánchez
Alcalde de Vigo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Antonio Bernardino Ramilo Fernández-Areal, nado en Buenos Aires (Arxentina) o 24 de maio de 1928 e finado en Vigo o 25 de xaneiro de 2006, foi un empresario e político, alcalde de Vigo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou en Madrid e estudou leis, especializándose en Dereito Marítimo, nas universidades Complutense e de Deusto. En 1955 instalouse en Vigo. Ocupou o posto de conselleiro delegado na empresa familiar, Ramilo S.A., adicada á extracción de granito.

En 1970 foi nomeado alcalde, cargo que compatibilizou co de Procurador en Cortes pola provincia de Pontevedra e co de presidente da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Durante a súa alcaldía aprobouse o primeiro PXOU de Vigo, e promoveu a urbanización dos barrios da Travesía de Vigo e de Coia. Amais, celebrouse a primeira edición da World Fishing Exhibition e iniciouse o proxecto do Zoo da Madroa promovido por Rafael Portanet.[1]

En setembro de 1974 foi substituído na alcaldía por Joaquín García Picher, e volveu ó asociacionismo empresarial, sendo presidente do Consello Provincial de Empresarios ata 1976. Ese ano participou na fundación da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE) e no 77 da Confederación de Empresarios de Pontevedra. Membro da Confederación de Empresarios de Galicia dende 1981 presidiuna dende 1991, deixando o cargo no 2000 tras descubrirse irregularidades contables na entidade[2].

Foi dirixente de Acción Democrática Española. De 1986 a 1989 foi senador por Alianza Popular.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Estaba casado e tivo sete fillos, entre eles o empresario e político Antonio Ramilo Rodríguez de Robles[3].


Predecesor:
Rafael Portanet
 
Alcalde de Vigo
 
1970-1974
Sucesor:
Joaquín García Picher
Predecesor:
José Pablo Rodríguez-Martiñán
 
Presidente da CEG
 
1991 - 2000
Sucesor:
Antonio Fontenla

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vigozoo na páxina do concello.
  2. Pablo López (22 de xaneiro de 2022). "Un desfalco y 22 años de investigación: a juicio el fraude en la patronal gallega en los años 90". El Confidencial. 
  3. "Antonio Ramilo Rodríguez encabeza la lista de Vox por Pontevedra para el 5-A". Diario de Pontevedra. 27 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]