Fernando Conde Domínguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1858 Vigo, España |
Morte | 9 de novembro de 1945 (87 anos) Vigo, España |
Alcalde de Vigo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Melchora de la Ponte y de la Peña |
Fillos | Fernando Conde Ponte Juan Antonio Conde Ponte José Manuel Conde Ponte María Luisa Conde Ponte |
Premios |
Fernando Conde Domínguez, nado en Vigo o 12 de xullo de 1858 e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1945, foi un empresario e político galego, alcalde de Vigo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Antonio Bibiano Conde González-Abarca, estudou comercio e economía no Reino Unido e rexentou a navieira fundada polo seu pai. Foi secretario da Cámara de Comercio de Vigo en 1886, presidente da Asociación de Navieros, da Unión de Entidades Viguesas e ocupou varios cargos máis. Membro do Partido Liberal, foi concelleiro de Vigo e fíxose cargo da alcaldía en abril de 1916. Permaneceu no cargo ata abril de 1918. Finou en Vigo o 9 de novembro de 1945.[1]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Entre outras condecoración recibiu a Lexión de Honra e a Gran Cruz da Orde Civil de Beneficencia con distintivo branco.[2] Unha rúa[3] e unha hemeroteca da Escola de Artes e Oficios da súa cidade levan o seu nome.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Esquela en ABC, 14/11/1945 (en castelán).
- ↑ Firma del Rey La Vanguardia 11/4/1917 (en castelán).
- ↑ Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 128. ISBN 84-87379-47-8.
- ↑ "Reapertura da biblioteca e hemeroteca..." Concello de Vigo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- González Martín, Gerardo (2006). Pasión por Vigo. Vigo. ISBN 84-89599-32-7.
- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 213–214. ISBN 978-84-8457-448-4.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Predecesor: Francisco Lago Álvarez |
Alcalde de Vigo 1916 - 1918 |
Sucesor: Francisco Lago Álvarez |