Science
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
'Science (en galego, ciencia) é a revista científica e órgano de expresión da Asociación Americana para o Avance da Ciencia (American Association for the Advancement of Science, AAAS).
Índice |
[editar] Historia
Science foi fundada en Nova York por John Michaels en 1880 co soporte financieiro de Thomas Edison e posteriormente de Alexander Graham Bell. Inicialmente non ten moito éxito e finaliza seu publicación en marzo de 1882. Un ano despois, o entomólogo Samuel H. Scudder recupera a revista alcanzando un maior renombre ao cubrir as reunións das sociedades científicas americanas, incluindo a AAAS[1] .Sen embargo, en 1884, de novo ten problemas financeiros e foi vendida ó psicólogo James McKeen Cattell por 500$. Nun acordo entre Cattell e o secretario naquel tempo da AAAS, Leland O. Howard, Science pasa a ser o órgano de expresión da Sociedade Americana polo Avance da Ciencia en 1900.[2] Durante os primeiros anos do siglo XX son publicados en Science, artículos como a genética da mosca do vinagre por Thomas Hunt Morgan, artículos de Albert Einstein sobre gravitación, e a nebulosa espiral de Edwin Hubble.[3] . Despois da morte de Cattell en 1944, a propiedade da revista pasou á AAAS.[4]
Adóptase como a revista da Asociación Americana polo Avance da Ciencia en 1900. O maior obxectivo da revista é a publicación de achádegos de investigación recente (fonte primaria). Science é tamén conocida polo seus science-related news, que é unha publicación sobre política científica e outros asuntos en relación coa área das ciencias e tecnoloxía. Cubre un amplio rango de disciplinas científicas, pero ten especial interés nas ciencias da vida. Ten un factor de impacto en 2005 de 30.927 (medido por Thomson ISI).
En 2007 está revista foi galardonada co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades xunto coa revista Nature.
[editar] Notas
- ↑ AAAS, "150 Years of Advancing Science: A History of AAAS Origins: 1848-1899", 2004
- ↑ AAAS, "150 Years of Advancing Science: A History of AAAS AAAS and Science: 1900–1940", 2004
- ↑ AAAS and Science: 1900-1940. American Association for the Advancement of Science.
- ↑ AAAS - History and Archives. American Association for the Advancement of Science.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
- Nature, outra revista do ramo.