Placa pacífica
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A placa pacífica é unha placa tectónica oceánica que abarca a maior parte do Océano Pacífico. É a placa mais grande do planeta. Unha das súas principais características é o punto quente "cinturon de lume" interior que deu orixe ás Illas Hawaii e a numerosos volcanes.
Límites[editar]
As placas coas que limita son:
- Ó Norte a Placa norteamericana, coa que ten un converxente que forma a Fosa das Aleutianas e as Illas Aleutianas.
- Ó Sur, a Placa antártica, coa que ten unha beira diverxente.
- Ó Este, a Placa do Explorador, a Placa Xoán de Fuca e a Placa de Gorda na parte Norte; a Placa Norteamericana (ó longo da Falla de San Andrés) e a Placa de Cocos no centro; ó Sur coa Placa de Nazca. En todos estes casos trátase de beiras diverxentes.
Mapa da Placa Pacífica no que se poden apreciar as beiras de placa
- Ó Oeste, a Placa Euroasiática, a Placa Filipina (en cuxa beira fórmase a Fosa das Marianas) e a Placa Indoaustraliana, coa que ten un límite xeralmente converxente, pero noutras partes é un borde transformante, por exemplo á altura da Falla Alpina.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
|
||||||||