George Armstrong Custer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Custer

George Armstrong Custer, nado en New Rumley, Ohio, o 5 de decembro de 1839 e finado en Little Big Horn, Montana, o 25 de xuño de 1876, foi un oficial de cabalaría do Exército dos Estados Unidos que participou na Guerra de Secesión e nas Guerras Indias. Foi un militar orgulloso e considerado polos seus detractores como un buscaglorias. Non obstante, os soldados que o tiveron como comandante considerábano un gran líder. O 25 de xuño de 1876 morreu xunto a 210 dos seus homes do famoso 7º rexemento de cabalaría na batalla de Little Bighorn, que o enfrontou ás tribos comandadas polo Xefe Indio Cabalo Tolo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: George Armstrong Custer