Berinxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Berinxia.

Berinxia, tamén chamada Ponte Terrestre de Bering - foi unha porción de terra firme, con aproximadamente 1600 km de norte a sur na súa máxima extensión, que xuntou Alasca e Siberia, onde neste momento se atopa o Estreito de Bering, durante as glaciacións.

Tanto o Estreito de Bering, como o Mar de Chukchi ao norte e o Mar de Bering ao sur, son mares de pequenas profundidades e durante as glaciacións a auga do mar concentrouse nos casquetes polares e nas xeeiras, facendo baixar o nivel do mar e expondo os fondos mariños de pequenas profundidades. Outras pontes terrestres se formaran e desapareceran nos períodos interglaciais: hai 14 mil anos Australia estivo unida a Nova Guinea e a Tasmania e as Illas Británicas estiveron unidas a Europa.

Mamut na Berinxia rusa.

A Ponte Terrestre de Bering foi importante porque permitiu a migración de seres humanos de Asia a América, así como varias especies de animais terrestres, incluíndo leóns e guepardos, que evolucionaron a especies endémicas de América do Norte, actualmente extintas, e exportando camélidos a Asia.

Extensión máxima.

A medida que o clima se altera, tamén as condicións ambientais cambian, determinando que plantas e animais poden sobrevivir – a masa de terra pode funcionar, tanto como unha ponte, como constituíndo unha barreira, unha vez que, en períodos menos fríos, a chuvia e os glaciares alteran o solo e a orografía.

Rexistros fósiles mostran que, en América do Norte, os abetos, bidueiros e chopos xa poboaran rexións ao norte da súa zona de distribución actual, indicando que esa rexión foi máis quente que actualmente.

Evolución de Berinxia.

As flutuacións do nivel do mar expuxeron a Ponte Terrestre de Bering en varios períodos durante o período Plistoceno, tanto na glaciación que ocorreu hai 35 mil anos, como durante a máis recente, entre 22 mil e 7000 anos. Hai preto de 6000 anos, as liñas de costa de América e de Asia tiñan xa a súa configuración actual.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Berinxia

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pielou, E. C. 1992, After the Ice Age: The Return of Life to Glaciated North America.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]