Jacques Cartier
Jacques Cartier, nado en Saint-Malo o 31 de decembro de 1491 e finado o 1 de setembro de 1557, foi un explorador francés. Fíxose coñecido polas súas tres viaxes ao Canadá en busca de ouro.
Traxectoria [editar]
Foi o primeiro europeo que viu a Illa Príncipe Eduardo, o río St. Lawrence e tamén Hochelaga (coñecida actualmente como Montreal), onde os Wendats e outras tribos indíxenas habitaban naqueles tempos.
Cartier capturou e fixo exames nos fillos do xefe Wendat, Donnacona, e levouno con ele na súa primeira viaxe á Francia. Na súa segunda viaxe, tróuxoos de volta, mais capturou o xefe Donnacona e levouno consigo para a Francoa, onde el logo faleceu.
Na súa terceira viaxe, Jacques Cartier experimentou fundar unha colonia francesa na terra dos Wendats. Encontrou os Wendats non tan amistosos como nas outras dúas viaxes, e tivo que abandonar a colonia e embarcar de volta para a Francia. Mais por causa das súas viaxes, a Francia aínda puido facerse presente no leste do Canadá até os días de hoxe.