Otava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 45°25′01″N 75°42′00″W / 45.417°N 75.7°W / 45.417; -75.7

Otava
Flag of Ottawa, Ontario.svg Blason ville ca Ottawa (Ontario).svg
OttawaCollage.png
Situación xeográfica
Otava en Canada
Otava
Otava
País Flag of Canada.svg Canadá
Provincia Ontario
Rexión Rexión da Capital Nacional
Xeografía
Altitude 70 msnm
Superficie 2.778,13 km2 km²
Poboación
Poboación 883.391 hab. (2011)
Densidade 316,6/km2
Información
Código postal
Alcalde Jim Watson
Páxina web Páxina oficial de Otava

Otava ou Ottawa é a capital do Canadá; está localizada ao nordeste da provincia de Ontario, na fronteira coa provincia de Quebec. É a segunda maior cidade de Ontario, cunha poboación duns 808.000 habitantes, con máis de 1.146.000 na súa rexión metropolitana.

Historia[editar | editar a fonte]

Os nativos algonquinos e iroqueses habitaban a rexión onde actualmente fica a cidade de Otava moito antes da chegada dos primeiros exploradores europeos. Tales nativos usaban o Río Otava para se desprazar e se alimentar. En 1613, o francés Samuel de Champlain pasou pola rexión. A partir de entón, os cazadores e comerciantes de pel usaron o Río Otava como unha rota para o oeste canadense.

1800 a 1867[editar | editar a fonte]

En 1800, Philemon Wright, un facendeiro de Massachusets, comezou a cultivar unha área ao norte do Río Otava (onde actualmente fica a cidade de Gatineau, Quebec). Logo, co éxito comercial conseguido, comezaron a se estabelecer na rexión outros asentadores. Ira Honeywell foi o primeiro en se asentar na marxe sur do Río Otava, en 1811.

Despois da Guerra anglo-americana de 1812, os ingleses temían outra invasión norteamericana ao Canadá. Con isto, os ingleses decidiron construír un canal, o Canal de Rideau, conectando o Río San Lourenzo, na altura da cidade de Kingston, ao Río Otava, co propósito de transportar materiais e armas ao interior do Canadá sen precisar usar o San Lourenzo, despois de Kingston, perigosamente preto dos Estados Unidos e vulnerábel a calquera posíbel ataque. Mandados enxeñeiros desde Inglaterra, que se estableceron na área onde actualmente se localiza Otava. O asentamento construído para abrigar os traballadores chamouse Bytown, e completouse en 1832. Entón, Otava tiña unha poboación de aproximadamente 1900 habitantes, subindo para 2400 en 1837, grazas á industria madeireira que se desenvolveu na pequena vila. Bytown foi elevado ao rango de cidade en 1850, entón con máis de 10 mil habitantes, e o seu nome mudou definitivamente para Otava.

O Canal Rideau no inverno, usado como pista de esquí no inverno.

O Alto Canadá e o Baixo Canadá, provincias coloniais da Inglaterra, foron fundidas en 1840 nunha única provincia do Canadá. Durante 17 anos, ficou no ar cal sería a capital definitiva da nova provincia unificada politicamente, mais dividida culturalmente. Neste período, serviron como capitais temporais as cidades de Kinsgston, Montreal, Quebec e Toronto. Finalmente, a decisión caeu na raíña Vitoria, en 1857. Considerando as varias posíbeis cidades, inclusive as catro mencionadas enriba, a raíña escolleu Otava, por tres motivos: primeiramente, Otava estaba relativamente distante dos Estados Unidos, nunha posición estratexicamente máis segura do que outras posíbeis escollas. Segundo, a localización da cidade, localizada exactamente entre o Alto Canadá e o Baixo Canadá, diminuiría tensións culturais entre os canadenses de orixe francesa e os canadenses de orixe inglesa. E a terceira razón foi a beleza da rexión de Otava.

1867 - 1945[editar | editar a fonte]

En 1867, coa independencia do Canadá, Otava tornouse a nova capital do recén criado país, e a súa poboación alcanzara os 18 mil habitantes. A cidade medraba de xeito desorganizado, construíndose varias ferrovías no centro da cidade, para a acomodación do transporte e comercio de madeira. En 1896, o entón primeiro ministro do Canadá, Wilfrid Laurier, criou un programa de planeamento urbano, cuxo principal obxectivo era o embelecemento da cidade, que non saíu do papel.

En 1900, un incendio destruíu boa parte da cidade, facendo que boa parte dos 60 mil habitantes da Otava de entón ficasen desabrigadas. A cidade reconstruíuse lentamente ata 1912, cando xa alcanzara os 90 mil habitantes. O 3 de febreiro de 1916, a parte central do antigo parlamento canadense foi destruída nun incendio. Coa Casa dos Comúns estabelecida temporalmente no que actualmente é o Museo Canadense de Natureza, a parte central reconstruíuse, unha estrutura gótica, coñecida como Torre da Paz, que se tornou coñecida co pasar do tempo como o principal símbolo da cidade.

En 1937, o entón primeiro ministro do Canadá William Lyon Mackenzie King nomeou a Jacques Gréber -un famoso urbanista francés, responsábel da revitalización urbana de París- para replanexar a cidade de Otava. Co inicio da segunda guerra mundial, os planos ficaron novamente no papel, e Jacques Gréber volveu para Francia.

1945 - Tempos actuais[editar | editar a fonte]

O parlamento do Canadá, ás marxes do Río Otava e do Canau Rideau.

Foi somente despois da guerra que os planos dun mellor planeamento urbano na cidade continuaron, con Jacques Gréber novamente no Canadá. O plano proposto por Gréber aprobouse polo parlamento canadense en 1951. Con iso, quitáronse 51 km de ferrovías, e a estación central de tren moveuse a unha rexión máis afastada do centro da cidade, a leste. Tamén foron construídos moitos parques en volta da cidade, ben como un xigantesco parque, con máis de 35 mil hectáreas, na cidade veciña de Gatineau. O plano tamén indicaba que predios gobernamentais deberían construírse non todos concentrados nunha área senón, en vez diso, seren construídos nos límites da cidade. Ao longo da década de 1960 e de 1970, tais planos continuaron, coa criación de praias e máis parques.

Mentrementres, o concello instituíu a Commercial and Industrial Development Corporation (actualmente Economic Development Corporation), en 1962, para promover o crecemento económico de Otava. Este órgano municipal criou 12 parques industriais ao longo da década de 1960 e de 1970. En 1973, unha lei que propuña limites á altura máxima dos predios construídos no centro da cidade foi rexeitada polo Consello municipal. Con iso, máis e máis rañaceos foron construídos no centro da cidade. Co medo a embotellamentos e problemas no sistema de transporte público, Otava replantou totalmente o seu sistema de transporte público, coa criación de máis liñas de ómnibus, así como liñas de light rail.

En 2001, fusionáronse 10 cidades con Otava, entón con preto de 350 mil habitantes dentro do seus limites municipais. Otava pasou a ter máis de 750 mil con esta fusión. As cidades fundidas son Cumberland, Gloucester, Goulborn, Kanata, Nepean, Osgoode, Rideau, Rockcliffe Park, Vanier e West Carleton.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Río Rideau.

Otava está localizada na marxe sur do Río Otava, perto dos esteiros do Río Rideau e do Canau Rideau. A parte máis antiga da cidade, incluíndo o centro histórico e remancecentes da Bytown, é chamada de Lower Town, localizada entre os ríos e o canal. Xa o centro financeiro e comercial da cidade, o Centrehub, está localizado a oeste, ao longo do Canal Rideau. Ás marxes do Río Otava, no Monte Parliament, están localizadas a maioría das estruturas historias gobernamentais, incluíndo o parlamento canadense.

O clima de Otava é temperado, con catro estacións ben definidas. O inverno na cidade é frío, con temperatura media de -6.4 °C, máximas que varían entre 3 °C a -18 °C, e mínimas que varían entre -8 °C a -35 °C. O verán en Otava é quente, con temperatura media de 21 °C, e máximas de ata 34 °C. A media anual de precipitación é de 86.97 cm.

Administración[editar | editar a fonte]

Os habitantes de Otava elixe un prefecto e 21 conselleiros para mandatos de 3 anos de duración. Impostos de propiedade, venda e comercio provén a cidade parte da factura anual necesaria para a manutención dos servizos públicos, mais a maioría da receita provén de fundos do goberno nacional e provincial.

Demografía[editar | editar a fonte]

Edificio do parlamento.

A maioría da poboación de Otava é nativa do país. De acordo co censo nacional de 2001, Otava posúe unha poboación de 774,072 persoas, 310,132 propiedades e 210,875 familias. Cerca do 80.90% da poboación da cidade é branca non hispana, un 4.54%, negra, un 4.65% asiáticos, un 3.98% surasiáticos, 1.13% aborixes, 0.85% hispanos..

O 25.3% da poboación da cidade posúe menos de 19 anos, o 63.2% posúen entre 19 a 64 anos e 11.5% posúen máis de 65 anos de idade. A idade media é de 36.7 anos. Para cada 100 persoas do sexo feminino existen preto de 95.1 persoas do sexo masculino. Por cada 100 mulleres maiores de idade existen 92.1 homes.

A renda anual media dun traballador en Otava é de 39,713 dólares canadenses, e a renda media familiar é de 73,507 dólares canadenses. Os homes posúen renda anual media de 47,203 dólares canadenses, e mulleres, 31 641 dólares canadenses. A renda per capita na cidade é de 23,061 dólares canadenses.

Economía[editar | editar a fonte]

O centro comercial de Otava posúe moitos predios modernos como este.

O sector público é facilmente o maior empregador da cidade, empregando preto de 72 mil persoas, que traballan para o goberno nacional, e outros 12 mil para o sector público municipal.

Otava é un centro tecnolóxico, onde máis de 800 empresas e as súas respectivas fábricas empregan a máis de 48 mil persoas. Debido a isto, Otava é ás veces chamada "capital nacional de alta tecnoloxía". Estas empresas están na maioría especializadas en investigación avanzada nun número de sectores que inclúen a creación e desenvolvemento de softwares, tecnoloxía ambiental, investigación espacial e telecomunicacións. Outro grande empregador é o sector de saúde, que emprega a 18 mil persoas.

Publícanse tres xornais diarios na cidade: O Ottawa Citizen e o Ottawa Sun en inglés, e Le Droit en francés. Alén diso, a cidade ten 4 emisoras de televisión (3 en inglés e unha en francés) e 16 de radio (14 en inglés e 2 en francés).

Educación[editar | editar a fonte]

  • Escolas: Otava posúe preto de 150 escolas públicas e outras 130 escolas cristiás, que atenden a un total de 110 mil estudantes. Todas as escolas son financiadas por taxas municipais.
  • Bibliotecas: Otava posúe un sistema bibliotecario municipal con bibliotecas en varias rexións da cidade, alén dunha biblioteca localizada no parlamento e unha biblioteca nacional.

Recreación[editar | editar a fonte]

O Canada Day.

Parques[editar | editar a fonte]

Otava posúe máis de 3,230 hectáreas de parques e playgrounds, sendo a segunda cidade con máis área verde per capita, despois de Edmonton.

Eventos anuais[editar | editar a fonte]

Otava é sede de varios festivais e eventos coñecidos nacionalmente:

  • A Winterlude, realizada en febreiro no Canal Rideau, é un carnaval de inverno. *A Tulip Festival é un evento internacional, onde a cidade recebe, en cada primavera, centenas de millares de tulipas, como presentes da Familia Real Holandesa. Estas flores son plantadas en varias áreas da cidade.
  • O Canada Day, festexando o día da independencia, en todo 1 de xullo. Millares de persoas de todas as partes do país van a Otava para festexar o aniversario do Canadá.

Transportes[editar | editar a fonte]

Trens do sistema de light rail de Otava.

Otava é servido por trens de pasaxeiros e de carga, e posúe unha limitada malla ferroviaria dentro dos seus limites municipais. O aeroporto internacional de Otava é servido polas principais liñas aéreas do país, que conectan a cidade con outras cidades primarias do Canadá, ben como algunhas cidades nos Estados Unidos.

Otava posúe un sistema de vías expresas de aproximadamente 70 km de lonxitude, suficiente para atender ás demandas da cidade. Porén, este sistema non está ligado con aquela da cidade de Gatineau, o que causa serios problemas de tránsito entre as pontes que conectan Otava con Gatineau.

O sistema de transporte público é totalmente integrado, dispondo dunha eficiente malla de rotas de ómnibus e un sistema de light rail. Moitas vías públicas están dedicadas exclusivamente á ómnibus, bicicletas e/ou pedestres.


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Otava

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns Externas[editar | editar a fonte]

Flag of Ontario Provincia canadense de Ontario
Capital: Otava
Principais cidades:

Kitchener | Kingston | London | Mississauga | Otava | St. Catharines | Sault Ste. Marie | Thunder Bay | Toronto | Waterloo | Windsor

Condados:

Bruce | Dufferin | Elgin | Essex | Frontenac | Grey | Haliburton | Hastings | Huron | Lambton | Lanark | Leeds e Grenville | Lennox e Addington | Middlesex | Northumberland | Perth | Peterborough | Prescott e Russell | Renfrew | Simcoe | Stormont, Dundas e Glengarry | Wellington

Municipalidades Rexionais:

Durham | Halton | Muskoka | Niagara | Oxford | Peel | Waterloo | York

Distritos:

Algoma | Cochrane | Kenora | Manitoulin | Nipissing | Parry Sound | Rainy River | Sudbury | Thunder Bay | Timiskaming

Cidades ou municipalidades independentes:

Barrie | Belleville | Brant | Brantford | Brockville | Chatham-Kent | Gananoque | Guelph | Haldimand | Hamilton | Kawartha Lakes | Kingston | London | Norfolk | Orillia | Otava | Pembroke | Prince Edward | Prescott | Peterborough | Quinte West | Smiths Falls | St. Marys | St. Thomas | Stratford | Sudbury | Toronto | Windsor