Cabo Cod

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°41′20″N 70°17′49″O / 41.688889, -70.296944

Mapa do leste de Massachusetts, mostrando a baía de Massachusstes, o cabo Cod e a baía de cabo Cod.
O cabo Cod visto desde do espazo.

O cabo Cod (Cape Cod en inglés), coñecido popularmente en inglés como the Cape (o cabo), e denominado cabo de Keel polos antigos exploradores nórdicos, é unha península no extremo oriental do estado de Massachusetts, no nordeste dos Estados Unidos. O seu territorio coincide co condado de Barnstable. Moitas pequenas illas achegadas, incluíndo Monomoy, Monmoscoy, Popponesset e Seconsett, pertecen tamén ao condado, como parte dos municipios do cabo. As pequenas vilas e a extensa fronte marítima atraen masivamente ao turismo durante os meses de verán.

A península de Cabo Cod formouse como a morena terminal dun glaciar, resultando nunha península sobre o océano Atlántico. En 1914, construíuse o canal de Cabo Cod, que cortou o istmo, pero aínda hoxe é definido como península polos xeógrafos, que non cambian de criterio por modificacións artificiais do territorio.

Os vehículos poden cruzar ao cabo polas pontes Sagamore e Borunes, o último situado no extremo suroeste. Ademais, cóntase cunha ponte ferroviaria que permite o transporte de cmercadorías e pasaxeiros.

Historia[editar | editar a fonte]

O cabo Cod foi unha terra coñecida para os primeiros exploradores europeos, posibelmente o Promontorio de Vinland mencionado polos viaxieros nórdicos (985-1025). En 1524, Giovanni da Verrazzano aproximouse desde o sur, e Esteban Gómez chamouno en 1525 Cabo San Jaime. En 1602, Bartholomew Gosnold deulle o seu nome actual, a novena toponimia inglesa máis antiga que se conserva nos Estados Unidos.[1]

En 1606, Samuel de Champlain cartografou os seus portos de area limosa, e en 1609 Henry Hudson desembarcou no cabo. O capitán John Smith rexistrouno no seu mapa de 1614 e, finamente, os Pais Peregrinos (grupo formado por separatistas relixiosos europeos) chegaron, no famoso navío Mayflower, ao Cape Harbor na actual situación de Provincetown, contrariamente ao difundido mito da rocha de Plymouth, o 11 de novembro de 1620. Moi pronto, no que actualmente é Eastham, encontráronse por primeira vez cos poboadores nativos.

O cabo Cod foi dos primeiros lugares colonizados por europeos en Norteamérica. Ademais de Barnstable (1639), Sandwich (1637) e Yarmouth (1639), as quince cidades do cabo desenvolvéronse lentamente. A última cidade fundada no cabo foi Bourne, en 1884.[2]

Provincetown foi un conxunto de cabanas até o século XVIII. No mapa de Southhack de 1717 móstrase un canal desde a baía de Massachusetts á baía Buzzards, pero o canal actual tivo unha accidentada construción entre 1870 e 1914. O canal foi adquirido polo goberno federal en 1928.

Ao sur, próximas ao Cabo, están as illas de Martha's Vineyard e Nantucket. Martha's Vineyards fíxose famosa hai algúns anos por ser o lugar onde o presidente norteamericano Bill Clinton pasaba as súas vacacións de verán. Nantucket, que no idioma indíxena local, o wampanoag, quere dicir "a illa que está distante", foi un gran centro da industria baleeira nos séculos XVIII e XIX. Esta actividade, que xerou naquela época un gran fluxo de diñeiro na illa, inspirou a escritores como Nathaniel Philbrick (No corazón do mar) e, talvez, o máis famoso Herman Melville, que escribiu Moby Dick.

Outro feito interesante, que marcou a historia do cabo Cod, foi a construción da estación experimental para radiotransmisión de Guglielmo Marconi en Wellfleet. Foi nesta estación desde a que se emitiu a primeira mensaxe transatlántica de radio, o 18 de xaneiro de 1903, orixinada nos Estados Unidos, que foi enviada polo presidente Theodore Roosevelt ao rei Eduardo VII do Reino Unido. Esta estación foi tamén unha das primeiras en recibir os sinais de socorro do navio Titanic.

O cabo Cod tamén é coñecido por ser o lugar onde a familia Kennedy ten a súa casa de verán, localizada en Hyannisport.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • LeBlanc, D.R. (1986). Ground-water resources of Cape Cod, Massachusetts [Hydrologic Investigations Atlas HA-692]. Reston, Va.: U.S. Department of the Interior, U.S. Geological Survey.
  • Massey, A.J., C.S. Carlson, e D.R. LeBlanc. (2006). Ground-water levels near the top of the water-table mound, western Cape Cod, Massachusetts, 2002-04 [Scientific Investigations Report 2006-5054]. Reston, VA: U.S. Department of the Interior, U.S. Geological Survey.
  • Masterson, J.P. e J.W. Portnoy. (2005). Potential changes in ground-water flow and their effects on the ecology and water resources of the Cape Cod National Seashore, Massachusetts [General Information Product 13]. Reston, VA: U.S. Department of the Interior, U.S. Geological Survey.
  • Walter, D.A. e A.T. Whealan. (2005). Simulated water sources and effects of pumping on surface and ground water, Sagamore and Monomoy flow lenses, Cape Cod, Massachusetts [Scientific Investigations Report 2004-5181]. Reston, VA: U.S. Department of the Interior, U.S. Geological Survey.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]