Serra Madre Oriental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localizacións da Sierra Madre Oriental, Sierra Madre Occidental e Sierra Madre del Sur

A Serra Madre Oriental, en castelán, Sierra Madre Oriental, é unha cadea montañosa do nordeste do México que se estende ao longo de 1.000 km cara ao sur, desde Coahuila, a través de Nuevo León, o sudoeste de Tamaulipas, San Luis Potosí e Hidalgo até ao norte dos estados de Puebla e Querétaro, onde se une á Sierra Madre Occidental e ao do México central.

O cumio máis alto é o Cerro Potosí, con 3.713 m de altitude. Outro dos puntos máis elevados é El Coahuilón, con preto de 3.460 m de altitude. Esta cadea é coñecida pola súa gran biodiversidade e mais polo elevado número de especies endémicas.