Aleutianas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aleutianas
Bandeira de Alaska Nicht vorhanden
Bandeira Escudo
Localización
North-Pacific-air-routes.png
Datos
Capital
País Estados Unidos
Linguas
Poboación (2000) 8,162
Superficie 17,670 km²
Densidade
Concellos
Coordenadas
Maior Altura


As illas Aleutianas (posiblemente o nome vén da lingua chukchi aliat, illa) forman unha cadea de pequenas illas volcánicas que forman un arco situado no norte do Océano Pacífico e que se extende ao longo de 1.900 km dende o extremo da Península de Alasca ata a Península de Kamchatka. Case todo o arquipélago forma parte do estado de Alasca, Estados Unidos, pero o extremo oeste pertence a Rusia. Segundo o censo do ano 2000 as Aleutinas tiñan 8.162 habitantes, deles 4.282 concentrados na cidade de Unalaska

Xeografía[editar | editar a fonte]

As illas, coñecidas antes de 1867 como o arquipélago de Catarina, comprende catro grupos- Fox, Andreanof, Rat e Near. Localizadas entre os 52 e 55 graos Norte e 172 graos Leste e 163 graos Oeste.
A gran maioría das illas mostran as marcas da súa orixe volcánica e hai numerosos volcáns na parte norte da cadea, algúns aínda activos, Shishaldin (3041 m), en Unimak, é o máis importante.
O clima das illas é oceánico, con temperaturas moderadas e uniformes e con abondosa chuvia. As néboas son constantes. A temperatura media anual de Unalaska, a illa máis importante do grupo, é 3'4 °C, e en xaneiro a media é de 1'1 °C e 11'1 °C en agosto, 250 días de chuvia por ano (2032 mm.)

Historia[editar | editar a fonte]

Os Ungangan son o pobo orixinario das Aleutianas, coñecidos internacionalmente como aleutianos. A súa lingua está relacionada coas linguas inuit. Moitos antropólogos cren que os primeiros seres humanos en pisar América seguiron a rota das agora illas Aleutinas que entón formaba un paso de terra entre Asia e América.
En 1741 o goberno ruso enviou a Vitus Bering, un danés ao servizo de Rusia, e a Aleksei Chirikov, nunha viaxe de exploración ao Pacífico Norte. Chirikov descubriu moitas das illas Aleutianas orientais, e Bering a maioría das occidentais. Nas illas establecéronse compañías comerciais rusas dedicadas ao comercio de peles, algúns aleutianos mesmo foron transferidos ás Illas Pribilof para cazaren lontras mariñas. As illas pertenceron a Rusia ata a merca de Alasca polos Estados Unidos en 1867.

As Illas Aleutianas e a Península de Alasca, vistos dende a órbita da Terra
Vista de Atka, Amlia e outras das illas Aleutianas dende o espazo


Lista das Illas Aleutianas[editar | editar a fonte]

Listaxe de leste a oeste dos maiores grupos das Illas Aleutianas, as illas esta por orde alfabetico. O nome en aleutiano está entre parentese.

Illas Fox[editar | editar a fonte]

Alaska with Aleutian island chain (at bottom), Unalaska Island is marked.

Illas das Catro Montañas (Uniiĝun)[editar | editar a fonte]

Illas Andreanof (Niiĝuĝin tanangis)[editar | editar a fonte]

Illas Rat (Qax̂um tanangis)[editar | editar a fonte]

Illa Buldir (Idmaax)[editar | editar a fonte]

Illas Near (Sasignan Tanangin)[editar | editar a fonte]

Illas Comandante (RussiaFlag of Russia.svg)[editar | editar a fonte]

Referenciass[editar | editar a fonte]

  • Bergsland, K. Aleut Dictionary, Fairbanks: Alaska Native Language Center, 1994
  • Orth, Donald J. 1971. Dictionary of Alaskan place names. U.S. Geological Survey Professional Paper 567, 1083 pp.