Sandía
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Sandía (Citrullus lanatus) é un froito orixinario de África tropical. Encontráronse vestixios, dos que se deduce, que xa existía no antigo Exipto. De aí pasou aos países bañados polo Mediterráneo. Ao Continente Americano chegou grazas a países Europeos, como España e Portugal. É un alimento moi rico en vitamina A. É un dos froitos de maior tamaño de cantos se coñecen e pode acadar ata os 10 quilos de peso.
Clasificación [editar]
É unha planta herbácea, que pertence á familia das Cucurbitáceas é parente de froitas coma o melón ou o cabazo; crece da planta chamada sandieira. Necesita climas cálidos ou tropicais.
Principais produtores [editar]
Os países principais produtores de sandías son: Turquía, Grecia, Italia, España, China e Xapón.