Lingua groenlandesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Groenlandés
Kalaallisut
Falado en: Groenlandia Groenlandia
Rexións: América do Norte
Total de falantes: 50,000 aprox.
Posición: -
Familia: Esquimo-aleutiana

 Esquimo
  Inuit

   'groenlandés'
 Groenlandés
Escrita: Latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Groenlandia Groenlandia (Dinamarca)
Regulado por: Oqaasileriffik
Códigos de lingua
ISO 639-1: kl
ISO 639-2: kal
SIL: KAL
Idioma groenlandés.png

A lingua groenlandesa (kalaallisut), tamén chamada esquimo-groenlandés ou groenlandés-inuktitut, é unha lingua esquimo-aleutiana falada en Groenlandia e que está estreitamente relacionada con algúns idiomas canadenses como o esquimó. O groenlandés, ao igual que as linguas coas que está emparentada, é de carácter altamente polisintético e ergativo. Case non ten palabras compostas. En Groenlandia existen tres dialectos principais: o groenlandés setentrional, occidental e oriental. O occidental é o máis importante dos dialectos, que se lle chama kalaallisut. O dialecto setentrional, inuktun, fálase cerca da cidade de Qaanaaq (Thule) e é máis semellante ao inuktitut canadense. O groenlandés fálano máis de 54.000 persoas, o que supón un número maior que o de todos os falantes das demais linguas esquimo-aleutianas xuntas.

Como comparativa co esquimó, que en groenlandés é inuttut, unha das verbas máis característica do inuktitut é iglú, que en groenlandés se escribe illu.

O groenlandés diferenza dous tipos de palabras abertas: substantivos e verbos. Cada categoría subdivídese en palabras transitivas e intransitivas. Distínguense catro persoas: 1ª, 2ª, 3ª e 3ª reflexiva; dous números: singular e plural (non hai dual como no esquimó); oito tempos: indicativo, participial, imperativo, optativo, subxuntivo pasado, subxuntivo futuro e subxuntivo habitual; dez casos: absolutivo, ergativo, ecuativo, instrumental, locativo, allativo, ablativo e perlativo. Para algúns nomes (nominativo e acusativo) os verbos teñen unha inflexión bipersonal para o suxeito e o obxecto (distinguidas por persoa e número). Os substantivos transitivos levan inflexión posesiva.

En contraste coas linguas esquimo-aleutianas de Canadá, o groenlandés escríbese en caracteres latinos e non co silabario esquimó. Un carácter especial, a letra Kra (ĸ), emprégase exclusivamente en groenlandés até que unha reforma ortográfica substituíuna pola letra q.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua groenlandesa.