Amerigo Vespucci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amerigo Vespucci.jpg

Amerigo Vespucci, nado o 9 de marzo de 1451 en Florencia e finado o 22 de febreiro de 1512 en Sevilla, foi un navegante florentino que traballou ao servizo do reino de Portugal e da Coroa de Castela. Esa considerado o primeiro europeo en comprender que as terras descubertas por Cristovo Colón conformaban un novo continente. Por esta razón, o cartógrafo Martin Waldseemüller no seu mapa de 1507 utilizou o nome de "América" na súa honra como designación para o Novo Mundo. O relato a miúdo fantasioso e contraditorio das súas viaxes situárono como unha das figuras máis controvertidas da era dos descubrimentos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]