Golfo de México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Golfo do México en 3D

O Golfo do México é o maior golfo do mundo, estando cercando por terras da América do Norte e da América Central. Ten unha superficie de aproximadamente 1.550.000 km2.

A costa sur do golfo baña o México (especificamente, os estados de Tamaulipas, Veracruz, Tabasco, Campeche, Iucatán, e Quintana Roo); as costas oriental, norte e noroeste bañan os Estados Unidos da América (especificamente, os estados da Florida, Alabama, Mississippi, Luisiana e Texas); e a costa sueste baña Cuba. O Golfo do México conecta co Océano Atlántico a través do Estreito da Florida, localizado entre os EUA e Cuba, e ao Mar do Caribe a través do Canal de Yucatán, localizado entre o México e Cuba.

Da área do Golfo do México, o terzo máis ao sur localízase na zona tropical. Do golfo orixínase a Corrente do Golfo, unha corrente de augas quentes que atravesa o Océano Atlántico, sendo unha das máis fortes correntes oceánicas coñecidas. O golfo tamén foi moitas veces visitado por poderosos furacáns, algúns dos cales responsábeis dun gran número de mortes e destrución.

A Baía de Campeche (México) é maior baía do golfo. Alén dela a costa do golfo posúe innúmeras baías e foces. Un gran número de ríos desaugan no golfo, de entre os cales o máis notábel é Río Mississippi. A terra que forma a costa do golfo, inclusive moitas illas de sedimentación, é case uniformemente baixa e caracterizada por pantanos e terras bastante húmidas ben como extensións areosas.

A plataforma continental é bastante larga en case todos os puntos da costa. Contén petróleo nalgúns puntos (principalmente a oeste), que é extraído a través de plataformas marítimas. Outra actividade comercial importante é a pesca, de peixes e crustáceos. Ao longo da costa dáse tamén a produción de navíos, industrias petroquímicas e de almacenamento de petróleo e derivados, fábricas de papel e forte actividade turística.

Entre as cidades costeiras inclúense: Tampa, Pensacola, Nova Orleáns, Houston (nos EUA) , Veracruz, Mérida (no México), e Habana (en Cuba).

A área costeira do golfo foi primeiro colonizada por grupos indíxenas norteamericanos, incluíndo as culturas avanzadas do México. Durante a colonización europea, a rexión tornouse palco dunha contenda entre a España, Francia e Inglaterra. Hoxe en día, a cultura da rexión é predominantemente hispano-americana e anglo-americana.