Laranxa (froita)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laranxas de Teaño (Cuntis).
Laranxas nunha árbore de Oleiros.

A laranxa é o froito da laranxeira, de forma esférica. O grosor da súa pel é moi variable (duns poucos milímetros a case un centímetro). A parte exterior desta é, unha vez madura, de cor laranxa (de aí o nome da froita) e a parte interior é de cor branca. É habitual comela (retirándolle a pel) ou beber o seu zume.

Así, unha clasificación habitual desta froita faise en funcións de para que se considera mellor, tendo laranxas de zume e laranxas de mesa, aínda que é moi normal distinguilas tamén pola súa procedencia. Pode utilizarse como ingrediente en cociña e repostería.

Orixe[editar | editar a fonte]

Esta froita é orixinaria da India, aínda que ás veces dise que é Vietnam o país de orixe. A froita orixinal é ácida cando se compara coas variedades modernas. É dubidoso que a laranxa ácida é a orixinal, e pode darse o caso de non existiren verdadeiramente especies selvaxes.

O cultivo da laranxa[editar | editar a fonte]

O cultivo da laranxa é un negocio significativo, e unha importante parte das economías de varios países e rexións europeas, entre os cales podemos salientar España, Italia, Romanía, e a rexión do Algarve en Portugal. Noutros continentes hai produción significativa na África do Sur, nos estados da Florida e California nos EUA, e o distrito 'Riverina' en Murray River en Australia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Laranxa