Sorgo
| Sorgo | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Sorghum × almum Sorghum almum |
||||||||||||
O sorgo (Sorghum vulgare ou Sorghum bicolor) é un cereal da familia Poaceae), cuxas sementes se utilizan para facer fariña e a planta como forraxe. É un cultivo alimenticio importante en África, América Central e Asia Meridional e é a quinta colleita de cereal no mundo, canto á súa produción (470.000 km², colleitado en 1996). O produtor máis grande é Estados Unidos.
O sorgo coñécese con varios nomes: millo grande e millo de Guinea en África occidental, kafir en África austral, duro no Sudán, mtama en África oriental, iowar na India e kaoliang na China (Purseglove, 1972).
O xénero Sorghum caracterízase por pequenas espigas que nacen a pares. O sorgo cultívase como planta anual, aínda que é herba perenne e nos trópicos pode colleitarse varias veces no ano.
Ten a súa orixe en África do leste e procede das variedades salvaxes en Etiopía hai 5.000 anos. Adáptase ben ao crecemento en áreas áridas ou semiáridas cálidas. As moitas subespecies divídense en catro grupos: sorgos do gran, sorgos da herba (para o pasto e o feo), sorgos doces (xaropes do sorgo), e millo tipo vasoira (para as vasoiras e os cepillos).
Notas [editar]
- ITIS 42106 (22.09.2002)