Erik o Roxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Erik Thorvaldsson ou Erik o Roxo, tamén coñecido coma o Vermello, nado por volta de 950 na actual Noruega, foi un comerciante, pirata e explorador, así coma un dos máis famosos viquingos da historia. Probabelmente debía o seu nome ao seu cabelo de cor vermella. Fundou o primeiro asentamento viquingo na Grenlandia, no ano de 982 da nosa era.

Índice

Traxectoria [editar]

Exiliamento [editar]

Erik tivo que emigrar de alá por mor dun asasintato acometido polo seu pai, Thorvald. Así que Erik dirixíuse a Islandia xunto coa súa familia e servintes, onde foi reconstruíndo a súa vida até o ano de 982 cando, nunha situación moi semellante á do seu pai, víuse implicado noutros asasinatos o que lle volveu custar o exilio. Segundo as Sagas, matou ao seu viciño Thorgest por mor dun conflicto cunha pá emprestada e a un labrego chamado Valthjof que asasinara a uns escravos seus. Foi entón cando Erik toma a determinación de marchar aínda máis cara o oeste.

Descubrimentos [editar]

Sen poder morar na Noruega ou na Islandia, Erik e algúns seguidores seus decidiron botarse ao mar cara unha terra nova, da que tan só falaban algúns comerciantes que nalgunhas ocasións se tiñan extraviado, chegando a ver ao lonxe unha costa nova, coma Gunnbjörn Ulfsson, segundo a tradición. E así chegaron a desembarcar na Grenlandia (a terra verde), que Erik bautizou con ese nome para atraer novos colonos. Durante os seus tres anos de desterro percorrerona con ilusión fiorde por fiorde e coa idea de fundares aló unha nova colonia, Erik voltou para Islandia para buscar novas persoas. O nome da recentemente descuberta terra e as atraíntes palabras do navegante axudánrolle a enreder a moita xente para instalarse aló, especialmente quenes buscaban desesperadamente saír da, naquel tempo, superpoboada Islandia e as xentes mais pobres convencidas de que a Grenlandia podía ser a súa grande oportunidade. Dese xeito fundaron a cidade de Eystribyggð e a vila de Vestribyggð. Aos poucos foron chegando máis e máis persoas e Grenlandia foi cada vez sendo máis habitada.

O espazo entrámbolos dous establecementos, localizados na costa suroccidental, resultaron en ser as únicas onde a labranza era posíbel. No verán, cando o clima era máis temperado, os colonos ían en verdadeiros exércitos cara o norte, na Baía Disko, sobre o Círculo Polar Ártico, a cazar. Dese xeito conseguían carne de foca, cuxa pel era empregada tamén como roupa; e márfil de morsas, narvais ou baleas encalladas na costa se tiñan sorte abondo.

Eystribyggð [editar]

Aquí, Erik construíu a Facenda Brattahlíð, perto do presente Narsaruaq, para sí mesmo. Erik ostentou o título de "Xefe Principal" da Grenlandia e obtivo grande respecto e riquezas. A tarefa de establecemento involucrou un total de 25 embarcacións, das cales 14 completaron con éxito a travesía e das once restantes algunhas voltaron cara Escandinavia, mentres que outras desapareceron no océano.

O establecemento floreceu, chegando a albergar até 3000 habitantes esplallados nunha vasta área ao longo dos fiordes contiguos. Continuaban a chegar grupos de xentes que fuxían da fame na Islandia, uníndose aos colonos orixinais. Sen embargo, uns inmigrantes que chegaron no 1000 da nosa era, trouxeron consigo unha epidemia que causou estragos na poboación da illa, matando incluso a Erik. Aínda así, a colonia rexurdíu e sobreviveu até a Pequena Idade de Xeo, que a fixo inviábel para o estilo de vida europeo no século XV. Os ataques dos piratas e o abandono por parte da coroa da Noruega forzaron o declive da poboación.

Descendencia [editar]

O seu fillo, Leif Eriksson, que axudou sempre ao pai, introduciu o cristianismo na Greenlandia, a pesar da forte oposición deste, que era un forte defensor do paganismo viquingo.

Perto do ano 1000, Leif chega a América do Norte á que bautiza como Vinland, por ver alí cepas bravas. Convértese dese xeito, no primeiro europeo e pisar o novo continente.

Erik morreu no mesmo ano no que seu fillo acada tal fazaña, o1000, afectado pola praga que azotou fortemente á Grenlandia.