Historia do Canadá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O nome Canadá ven da palabra iroquesa kanata-ton, que significa "vilas" ou "pequenas casas".

O Canadá anteriormente estaba habitado por nativos hurons, iroqueses e esquimós, que habitaban imensas rexións do país por dez mil anos. Parece ser, que no século X, os Vikingos durante un curto período de tempo habitaron a provincia de Terra Nova e Labrador.

A colonización europea comezou século XV, cando os británicos e, principalmente, os franceses estableceranse polo Canadá. Os británicos non tiveran unha forte presenza no antigo Canadá, instalandose orixinalmente na Terra de Rupert - unha xigantesca área que posteriomente daría orixien aos Territorios do Noroeste, Manitoba, Saskatchewan e Alberta - sendo que o a rexión dos Grandes Lagos e do Río San Lourenzo, ben como a rexión que actualmente compón as actuais provincias de Nova Escocia e Nova Brunswick, estaban todas nas máns dos franceses. A Nova Francia (Nouvelle-France) e a Acadia continuaban a se expandir. Esa expanción foi non foi ben aceita polos iroqueses e, principalmente, polos británicos e colonos americanos das Trece Colonias americanas, desencadeando unha série de batallas que culminou no Tratado de París - no cal os franceses cederan seus territorios da Nova Francia e da Acadia aos británicos.

Os británicos, que xa entón dominaban as inmensas Terras de Rupert - que á época incluía tamén as actuais (ou parte de) provincias canadenses de Alberta, Saskatchewan, Manitoba; ben como os territorios de Nunavut, Territorios do Noroeste e Yukon - aprobaron o Quebec Act, que permitiu aos franceses establecidos no antigo Canadá que continuasen a manter seu código civil e sancionou a liberdade de relixión e de idioma - permitindo que a Igrexa Católica e a lingua francesa sobrevivisen no Canadá ata hoxe.

Coa Revolución Americana de 1776, que durou de 1774 ata 1783, o Canadá sofreu levas de colonos leais aos británicos, que se estableceran no que é a actual provincia de Ontario. Con iso, os británicos decidiron separar o Canadá en dous, criando o Canadá Superior (actual Ontario) e o Canadá Inferior (actual Quebec), alén do territorio de Nova Brunswick (antiga Acadia - parte dos territorios antigamente colonizados polos franceses).

Os propios Estados Unidos, en 1812, invadiron o Canadá Inferior e o Canadá Superior, nunha tentativa de anexar o resto das colonias británicas na América do Norte. Os EUA non tiveran exito - mais ocuparon temporiamente as cidades de York (actual Toronto) e Quebec, queimandoas ao sair.

En 1837, houbo unha grande rebelión de colonos, tanto no Baixo Canadá canto no Alto Canadá. Iso levou os británicos á unha tentativa de asimilar a cultura francesa á británica - entre outras cousas, o Baixo Canadá e o Alto Canadá foron unidos nunha única provincia do Canadá.

O medo a unha segunda invasión estadunidense, xerando inmensos gastos en relación ao requesitos de seguridade (máis tropas, armamentos, etc), aliado ao fracaso británico en asimilar os franceses en 1830, fixo con que a idea da Confederación Canadense, cuxo obxectivo era integrar o Canadá e defender mellor a rexión dun eventual ataque dos Estados Unidos, fose aprobada polos británicos. O 1 de xullo de 1867, as provincias do Canadá, Nova Brunswick e Nova Escocia tornaranse unha federación, e tornandose en parte politicamente independente do Reino Unido - porén, os británicos aínda terían control sobre o Ministerio das Relacións Exteriores do Canadá durante 64 anos.

Despois de 1867, lentamente aceptaron unirse á Confederación Canadense outras colonias británicas , a primeira foi a Columbia Británica, e en 1880, os Territorios do Noroeste - cedidos pola Compañía da Baía de Hudson. Posteriormente, os Territorios do Noroeste serían dividos nas actuais provincias de Alberta, Saskatchewan e Manitoba, alén dos territorios de Yukon e Nunavut. O oeste canadense foi totalmente integrado ao territorio canadense, non sen a xeración de conflitos de cuño étnico, social e económico, dos cales destacase a Rebelión de Red River, ocorrida entre 1869 e 1870, e a Rebelión de Saskatchewan, ocorrida en 1885, ambas lideradas polo líder métis Louis Riel. Este sería posteriomente executado por traición.

O Canadá participou na primeira guerra mundial, como aliado dos británicos, tendo un importante peso no decorrer da guerra. A guerra xerou tamén un forte nacionalismo Quebecois, porque os canadenses de orixe francesa non querían ir á guerra, encanto os canadenses de orixe británica querían.

Outro efeito da primeira guerra mundial foi a discriminación canadense dos inmigrantes (principalmente de orixe asiática). Iso é debido ao feito que a economía canadense diminuiu, debido ao término da guerra - os soldados que participaran na guerra, en vez de atopar recoñecimento, atoparon desemprego. Con esta discriminación, o Canadá prohibiu a entrada de inmigrantes vidos da China ou restrinxiu bastante a entrada e inmigrantes vidos doutros países.

Despois da guerra, a dependencia do Canadá para cos británicos diminuiu en 1931, polo Estatuto de Westminster - onde ningún acto parlamentar do Reino Unido tería efeito no Canadá, alén de dar soberanía aos canadenses sobre seu Ministerio das Relacións Exteriores. Neses anos, a Gran Depresión xa mostraba seus efeitos devastadores no país - desemprego, miseria, fame - eses efeitos apenas terminarian co inicio da segunda guerra mundial, na cal novamente desempeñou o Canadá un importante papel no decorrer da guerra.

Co término da guerra, a economía do Canadá continuou a medrar, ata os días actuais - en parte, debido ao crecimento dos EUA. As leis que restrinxian a entrada de inmigrantes (e prohibian a entrada de inmigrantes chineses) foron abolidas en 1954, grazas á importante participación de soldados de descendencia chinesa. En 1964, todas as leis que restrinxian a entrada de inmigrantes baseados en raza ou etnia foron eliminadas. Atualmente, o Canadá posúe unha das poboacións máis diversificadas etnicamente.

Entre 1963 e 1968, o primeiro ministro do Canadá, Lester Bowles Pearson, introduciu unha serie de servizos governamentais como planos de pensión e un sistema de saúde público. Alén diso, tamén instituiu o francés como idioma oficial do país, e criou unha nova bandeira nacional, a Folla de arce Flag, que é a actual bandeira do país. Ao longo da década de 1960 e de 1970, Toronto substituíra Montreal como a capital financeira do país.

Sen embargo, desde o fín da guerra, o movimento pola independencia política do Quebec gañou forza. En 1977, a provincia de Quebec, baixo o goberno de René Lévesque, baixo os termos da Lei 101, tornou o francés a única lingua oficial da provincia, e en 1980, Quebec realizou un referendo para a independencia da mesma - no plesbecito realizado en Quebec, 60% dos votantes non aprobaron o referendo, e Quebec continuou oficialmente no Canadá. Nun segundo referendo para a independencia da provincia, en 1995, o número de votantes Quebequenses que votaron por continuar no Canadá caiu ao 50,3%. Mesmo así, o Quebec continuou a facer parte do Canadá. En 1997, o Tribunal Supremo do Canadá xulgou que a secesión dunha provincia canadense é inconstitucional.