Amianto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amianto
Asbestos1USGOV.jpg
Fórmula química:
Clase:
Subclase:
Sistema cristalino:
Cor:
Brillo:
Dureza:
Fractura:
Exfoliación:
Raia:
Densidade:

O amianto, tamén chamado asbesto, é un grupo de mineral rochas metamórficas fibrosos. Están compostos de silicatos de cadea dobre.

Caracaterísticas[editar | editar a fonte]

Asbesto é o nome que se lle da a un grupo de seis materiais fibrosos diferentes (amosita, crisotilo, crocidolita e as formas fibrosas de tremolita, actinolita e antofilita) que aparecen de forma natural no ambiente.

Os minerais de amianto teñen fibras longas e resistentes que se poden separar e son suficientemente flexíbeis como para ser entrelazadas e tamén resisten altas temperaturas. Debido a estas características, o amianto empregouse para unha gran variedade de produtos manufacturados, especialmente na construción (tellas para tellados, baldosas e azulexos, produtos de papel e produtos de cemento con amianto), produtos de fricción (embragues de automóbeis, freos, compoñentes de transmisión), materiais téxtiles termorresistentes, envases e revestimentos. Algúns produtos de vermiculita e de talco poden conter amianto.

O amianto e os seus derivados están considerados como materiais canceríxenos polo que está prohibido o seu uso en toda a CE.