Conquista do Imperio Azteca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Extensión do Imperio Azteca antes da chegada dos españois.

A Conquista do Imperio Azteca fai referencia o conxunto de campañas militares españolas acontecidas a partir de 1517 cuxo obxectivo era a dominación dos territorios controlados polo Imperio Azteca e dos demais pobos mesoamericanos relacionados con eles; que desembocaría no Vicerreinado de Nova España.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

No 1507 Vicente Yáñez Pinzón bordea a costa de América Central ata o Iucatán. No ano 1511, sendo Moctezuma II Xocoiotzin soberano dos aztecas, unha nao española naufraga cerca das costas caribeñas do continente e os seus tripulantes son apreixados polos maias do Iucatán. Entre eles áchase Xerónimo de Aguilar, xunto con outro compañeiro, quen máis tarde servirán de intérpretes a Hernán Cortés. No ano 1512 outro suceso semellante ao do ano anterior dá lugar ao apresamento de varios españois máis, entre eles Gonzalo Guerrero. Permanecerán nos dominios maias ata a chegada de Cortés. Coa chegada do ano 1517, parte dende a illa de Cuba unha expedición dirixida por Francisco Hernández de Córdoba, quen logra desembarcar o 4 de marzo no Cabo Cachote (ou Catoche), pero ante a resistencia férrea dos indíxenas da zona, resulta ferido e vese na obriga de volver para a illa de Cuba. No 1518 Xoán de Grixalva explora as costas de México e rodea o Iucatán, navega dende a illa de Cozumel ata o Cabo Roxo na ensenada de Tamiahua e remonta o río que hoxe leva o seu nome ata chegar a San Xoán de Ulúa; o 19 de xuño de mesmo ano bautiza esta poboación baixo o nome de Santa María das Neves.

No mes de febreiro de 1519 Diego Velásquez, gobernador de Cuba, forma unha expedición que parte cara México comandada por Hernán Cortés. Porén, máis tarde proponse destituílo e, sabedor Cortés disto, decide precipita-los acontecementos saíndo da Habana o 10 de febreiro con 665 homes. Os historiadores xa estimaban unha poboación neste mesmo ano duns 25.000.000 de habitantes mesoamericanos. Tamén neste ano Afonso Álvarez de Pineda viaxa pola costa do Golfo de México dende Florida ata o río Pánuco. Cortés fai a mesma viaxe que Xoán de Grixalva, entra en contacto cos indíxenas, e o 25 de marzo logra vencelos en Tabasco, recibindo en compensación obxectos variados e 20 escravas; entre elas atópase Malinche (ou Malintzin, que máis adiante tamen desempeñará oficio como tradutora entre os españois e os aztecas, ademais, segundo outros biógrafos, será a mantida de Cortés). Prosegue viaxe e tras desembarcar na rada do que hoxe é Veracruz, o 21 de abril do mesmo ano funda a cidade que chamará Vila Rica da Vera Cruz, e así poder obter a independecia de Cuba[Cómpre referencia]. Como medida de precaución ante as desercións ou amotinamentos[Cómpre referencia] decide afundi-las naves despois de ser queimadas; estando nisto chéganlle noticias de Moctezuma II, quen cre que Cortés é o principal sacerdote tolteca Ceacatl-Quetzalcóatl que volta ao país.

Véxase a continuación o relato de Cuauhtémoc, guerreiro de Tenochtitlán:

Apareceu un presaxio sobre a fraga, coa forma de mazaroca de millo que respladecia coma o amencer. Parecia sangrar lume, pinga a pinga coma se fose unha ferida no ceo. Son un guerreiro, non un sacerdote, e non sabía como interpretar este sinal. ¿Estaban anoxados o deuses?. Consultei cos adiviños e magos para saber se se aveciñaba outra… gran guerra. Pero só responderon máis vaguedades. Os deuses queren máis sacrificios!, dixeron, era sempre a mesma resposta.

Os sacrificios leváronnos á conquista de gran parte do noso imperio de fragas e volcáns, sempre estamos guerreando, derrotando a un número cada vez maior dos nosos inimigos para poder ofrecer sacrificios aos deuses. Os magos din que hai que facer un sacrificio diario para que o sol siga saíndo.
Os equipos de mensaxeiros tardaron máis de dous días en percorrer máis de 300 Km para leva-la miña mensaxe ata a cidade de Tenochtitlán. Dous días despois, o meu tío, o emperador Moctezuma, enviou a súa resposta. Os seus sacerdotes predixeron a inminente volta do exilio do poderoso Quetzalcóatl a “serpe emplumada”, deus da sabedoría e o vento. ¿de que outra forma se podía dar desposta ao presaxio?.
Moctezuma ordenaba aos meus guerreiros que se esforzaran para cosolida-lo control da xungla que separa o noso territorio dos nosos enemigos, polo que se debía logra-lo control dos santuarios consagrados a Quetzalcóatl, a “serpe emplumada”. Como o imperio Azteca é poderoso e se expande constantemente, creamos moitos inimigos: por iso temos que defende-los santuarios deles para prepararnos de cara á volta de Quetzalcóatl.


Os aztecas, sendo un pobo que absorbeu en certa medida as culturas dos pobos que invadía, tamén absorbeu o seus temores e presaxios. Se ben é certo que traían o seu deus (Huitzilopochtli), souberon facer un oco para os deuses dos pobos que invadían. Outro aspecto desta parte do relato é que o autor tamén nos dá unha referencia un pouco afastada de certas cousas que se ían transmitindo de xeración en xeración. Uns estudos sobre a zona revelan que nos anos 810 (cun intervalo de 300 anos máis ou menos) tivo lugar a erupcion do volcán Popocatepetl; se a isto lle sumamos outros volcáns da zona e a probable intesidade sísmica dos tremores, teríanse favorecido as migracións masivas entres os pobos e as culturas.

Véxase a continuación o relato de Cuauhtémoc, guerreiro de Tenochtitlán.

Cando os meus guerreiros tomaron os santuarios e derrotaron os Xochimilcos e os Tlatilucos, voltamos a Tenochtitlán cargados de agasallos para o emperador Moctezuma (xade, plumas e prisioneiros, por suposto). Despois de ter pasado tantos días na xungla, o reflexo da nosa inmensa cidade no lago parecíanos algo asombroso.

O emperador Moctezuma vivía nos cuartos máis belos do pazo, coas súas donas e mantidas; mentres falabamos bebía chocolate escumoso dunha copa. Os músicos tocaban tambores e frautas e ao seu son bailaban mulleres enmascaradas.
Cando hai moitos anos, meu tío Moctezuma subiu por primeira vez á Gran Pirámide para converterse no emperador, houbo unha gran celebración. Pero agora, algúns cuestionan o seu gran poder, ás veces tarda moito en tomar decisións e case nunca dirixe os seus guerreiros no combate.
Os sacerdotes de Moctezuma informáronnos que Quetzalcoatl a “serpe emplumada” volvería pronto a Tenochtitlán para reclama-lo trono. Como axudara a prepara-la súa chegada, déronme unha macana de obsidiana nova e ascendéronme ao rango de guerreiro xaguar.
Aquela noite houbo máis festas e danzas, o aire arrecendia a perfume. Pero mentres baixaba os chanzos do pazo do emperador, vin que o presaxio seguía sobre o lago, arrebolando faíscas no ceo de medianoite.


Como xa se dixo, a cidade de Tenochtitlan atopábase en todo o seu apoxeo. Polas rúas, varridas e adornadas con flores e papeis pintados, camiñaban milleiros de persoas e polas augas das súas canles, decoradas con arcos, centos de canoas transportaban multitude de mercadorías. Todos esperaban impacientes a grandiosa festa de entronización de Moctezuma Xocoiotzin, fillo de Axaiacatl, coma o noveno tlatoani (ou o décimo se temos en conta a posible existencia de Tenoch como o primeiro emperador). Era o ano 9 tochtli (segundo o calendario azteca) correspondente ao 1502 para o mundo cristián. A cerimonia foi grandiosa e chea de vistosidade. Os regalos chegados de cada un dos rincóns máis afastados da Tripla Alianza fóronse acumulando. Xades, ouro, pedras preciosas, mantas de algodón, cacao, plumas e tocados fóronse anotando nos libros de contabilidade reais. Todo estaba baixo control. Porén, ao pouco tempo os habitantes da gran cidade da luz comezaron a observar algunhas novidades inquietantes. Moctezuma despediu os antigos serventes e oficiais reais da época de Ahuizotl e mandou traer a varios mozos (a maioría fillos dos señores de México, Texcoco e Tacuba para darlles os postos de goberno máis importantes e cambiou os actos militares polo coñecemento dos cultos relixiosos. Paralelamente, certos fenómenos aparentemente inexplicables viñeron a fomentar aún máis o clima de desconcerto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]