José Ramón Fontán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 Mos, España |
Morte | 1996 (80/81 anos) Vigo, España |
Procurador en Cortes | |
3 de xullo de 1964 – 22 de decembro de 1964 – Rafael Portanet → Lexislatura: VIII lexislatura das Cortes franquistas | |
Procurador en Cortes | |
4 de outubro de 1963 – 6 de xuño de 1964 ← Salvador de Ponte y Conde de la Peña Lexislatura: VII lexislatura das Cortes franquistas | |
Alcalde de Vigo | |
1963 – 1964 ← Salvador de Ponte y Conde de la Peña – Rafael Portanet → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | avogado, político |
José Ramón Fontán González, nado en Mos en 1915 e finado en Vigo en 1996, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi alcalde de Vigo durante o franquismo (1963-1964)[1] e foi procurador en Cortes como representante dos municipios provinciais nese mesmo período.
Na década de 1960 adquiriu os dereitos de captación da auga do río Oitavén para subministrar a cidade olívica.[2].
Foi secretario dos consellos de administración de Tranvías Eléctricos de Vigo, S.A. e Tranvía Mondariz-Vigo, S.A. e presidente da Cruz Vermella. Escribiu abundantes artigos xornalísticos, que asinaba co pseudónimo de Codaste.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Rosa Domínguez Alonso e tiveron oito fillos: Rosa María, Cristina, José Ramón, Manuel, Jacobo, Roberto, Carlos e Miguel.
Obra
[editar | editar a fonte]- Don Cristóbal Colón. Súbdito de D.ª Isabel I de Castilla y gallego de nación (1988), Vigo, Artes Gráficas Galicia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sesión plenaria de las Cortes", artigo en La Vanguardia Española o 29 de novembro de 1963 (en castelán)
- ↑ "José Ramón Fontán, el alcalde que consiguió el agua del Oitavén". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de maio de 2012.
Predecesor: Salvador de Ponte y Conde de la Peña |
Alcalde de Vigo 1963-1964 |
Sucesor: Rafael Portanet |