Jaime Solá
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1874 Vigo, España |
Morte | 9 de xaneiro de 1940 (65 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Membro de | |
Xénero artístico | Narrativa, poesía, teatro |
Jaime Solá Mestre, nado en Vigo o 11 de setembro de 1874 e finado en Vigo o 9 de xaneiro de 1940, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi sobriño do tamén xornalista Luis Antonio Mestre e viviu no Grove na súa infancia. A súa nai foi herdeira dunha parte do Gran Hotel da Toxa en 1891.
Estudou Dereito en Santiago de Compostela e Valladolid, pero profesionalmente dedicouse ao xornalismo. En 1903 mercou o xornal El Independiente de Vigo, que pasou a chamarse Noticiero de Vigo. Pasou un tempo en Madrid, onde formou parte da redacción de El Globo e colaborou noutros xornais. Dirixiu as revistas Poquita Cosa e Vigo Juvenil.
A súa contribución máis importante foi a revista Vida Gallega, que dirixiu dende a súa creación en 1904 ata o final da súa segunda época en 1938. Desde as páxinas de Vida Gallega fixo unha clara promoción do complexo hoteleiro da Toxa, sendo accionista da sociedade anónima que o xestionaba. Tamén dirixiu o semanario satírico Don Verdades.
Ingresou na Real Academia Galega o 22 de abril de 1939.
Obras
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Cuentecillos, 1894.
- La mala sombra, 1895.
- El alma de la aldea, 1918.
- Ramo cativo. El Ribeiro de Avia, 1918.
- El otro mundo, 1919.
En Vida Gallega apareceron os relatos: Anduriña (1917), Diablillo (1920-21) e Mis memorias.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Todo malo, 1895.
- El nacer de un día, 1919.
Teatro
[editar | editar a fonte]- El Diputado.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Solá Mestre, Xaime". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- González Blasco, Luis (2005). "Solá Mestre, Jaime". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Ribao Fernández, Roberto (2007). A fotografía na revista "Vida Gallega". Un silandeiro universo de sentido (PDF). Santiago de Compostela: Departamento de Ciencias da Comunicación da USC. p. 645.
- Vieira, Ramiro (1907). Siluetas de las personalidades más salientes de Galicia (en castelán). Vigo: Tip, y Librería de M. Mariño.