Conversa:Jaime Solá

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

No facsímile de Suevia, do Centro Ramón Piñeiro, dan unha pequena biografía dos colaboradores da revista, entre eles Jaime Solá. Contradicindo o que di o artigo, naceu en Vigo e dirixiu Vida Gallega entre 1909 e 1930. Na Gran Enciclopedia Galega tamén o dan como nado en Vigo pero dirixe Vida Gallega entre 1909 e 1938. Na web que se dá como referencia tamán se afirma que naceu en Vigo. Vou corrixi-lo lugar de nacemento aínda que queda pendente de comproba-la súa relación, certa, co Grove. Deixo estar por agora as datas de Vida Gallega ata confirma-lo ano 1930 ou 1938. Pedro --Lameiro (conversa) 19:44, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

  • Segundo o Catálogo da USC, a revista Vida Gallega publicouse regularmente ata 1938, aínda que xa renqueando desde 1935. O que califican como primeira época rematou co número 696 en 1938. Tivo que esperar ata 1954 para saír unha segunda época e el xa morrera en 1940. Así que debe ser certo esa data de 1938 como director. Pedro --Lameiro (conversa) 19:56, 8 de febreiro de 2011 (UTC)