Balneario da Toxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°28′56″N 8°50′48″O / 42.48222, -8.84667

Postal do antigo balneario da Toxa (c. 1907).

O balneario da Toxa é un hotel-balneario situado na illa da Toxa, no concello do Grove. Foi inaugurado en 1907 e reformado en 1945. É un hotel de luxo.

Historia[editar | editar a fonte]

Os pescadores locais da ría de Arousa decatáranse das augas mornas da illa e camiñaban polas augas medicinais notando na pel as súas cualidades. Emilia Pardo Bazán, en 1911, conta a lenda de que tempo despois se abandonou na illa un burro con úlceras e tiña, e tras uns meses o seu dono atopouno san e saltando. O burro bañárase na lama e desapareceran as feridas. A historia axudou á creación do Gran Hotel na Toxa. A explotación turística comezou arredor de 1840.[1]

O hotel inaugurouse en 1907, baseado nos balnearios desa época como o de Marienbad en Alemaña (hoxe na República Checa). Construíronse dous pavillóns, un para os cuartos e outro para o casino, conectados por unha galería, deseñados polo arquitecto Daniel Vázquez-Gulías.[2] A decoración interior tiña frescos nos salóns e escaleiras. O hotel acadou sona entre as clases altas de Galicia e mesmo entre a corte de Madrid.

En 1945 foron derrubadas as torres e reformouse o edificio case totalmente. Consérvase a escaleira e as xanelas teñen reminiscencias dos tempos anteriores. Os cuartos foron renovados, mais hai mobles antigos. Desa época tamén existen columnas, mais o resto é novo.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Laredo Verdejo, Xosé Luis (1981). Galicia enteira 3. Rías Baixas do Salnés. Edición Xerais. p. 108. 
  2. Hotusa explotará el Gran Hotel de La Toja y el Hotel Balneario
  3. Gran hotel La Toja.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]