Florencio Vaamonde: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 49: | Liña 49: | ||
=== Poesía === |
=== Poesía === |
||
* ''Os |
* ''[[Os calaicos]]'', [[1894]].<ref>[http://www.realacademiagalega.org/biblioteca-virtual-monografias#paxinas.do?id=675 ''Os Calaicos. Poema en cuatro cantos'']</ref> |
||
* ''Mágoas'', [[1901]]. |
* ''Mágoas'', [[1901]]. |
||
* ''Follas ao vento'', [[1919]]. |
* ''Follas ao vento'', [[1919]]. |
Revisión como estaba o 11 de decembro de 2018 ás 14:23
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1860 Ouces, Bergondo |
Morte | 20 de outubro de 1925 (65 anos) A Coruña |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , autor |
Empregador | Irmandades da Fala |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, prosa e ensaio |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | César Vaamonde Lores |
Florencio Vaamonde Lores, nado en Ouces (Bergondo) o 2 de abril de 1860 e finado na Coruña o 20 de outubro de 1925, foi un historiador e escritor galego. O seu irmán César foi un destacado historiador.
Traxectoria
Nado en Bergondo no seo de unha familia fidalga que en 1878 se trasladou á Coruña. Alí pasou a súa vida traballando como funcionario de Facenda. Florencio Vaamonde foi un escritor do Rexurdimento, preocupado pola lingua galega e polo esplendor da súa literatura. Foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega (1906) e colaborou na Revista Gallega de Galo Salinas. Vaamonde Lores quixo introducir novas correntes e tendencias na nosa literatura. Quizais guiado pola súa condición de historiador, creou o primeiro poema épico escrito no noso idioma, Os Calaicos 1894, que canta as fazañas de María Pita (mito que sería modificado en épocas posteriores por motivos ideolóxicos). Da lectura das súas obras despréndese a vontade de crear unha lingua culta.
Alén disto, abrazou a ideoloxía rexionalista e acudiu aos faladoiros da Cova Céltica, que se celebraban na libraría que Uxío Carré Aldao tiña na Coruña.
Tamén fixo unha labor de tradución dos clásicos greco-latinos ao galego, como Odas de Anacreonte (1897).[1] Usou os pseudónimos "Xan de Ouces", "Fulvio Vergodense", "Pedro de Aldarete" e "Jan Silvóso de Bouzós".
Obra
Poesía
- Os calaicos, 1894.[2]
- Mágoas, 1901.
- Follas ao vento, 1919.
Prosa
Ensaio
- Historia de Betanzos, 1886.
- Resume da Historia de Galicia, 1899.[3]
- Historia de la Agricultura en Galicia, 1910.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Mª Teresa Amado Rodríguez (2002). "Don Florencio Vaamonde Lores, traductor de Virgilio al gallego" (PDF). Anuario Brigantino (25): 455–466.
- Couceiro Freijomil, A. (1954). "VAAMONDE LORES, Florencio". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 432.
- Naya Pérez, Juan (2005). "Vaamonde Lores, Florencio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Outros artigos
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Florencio Vaamonde |