Saltar ao contido

Érguete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Érguete
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1984 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: funderguete Twitter: FErgueteIntegr Instagram: funderguete LinkedIn: fundacion-erguete-integracion Youtube: UCGxiza7tGEM0X20p_NFWiug Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu en 1984 como iniciativa dun grupo de nais, lideradas por Carmen Avendaño, que tiñan en común a drogodependencia dalgúns dos seus fillos ou fillas.[1]

A asociación legalizouse en 1985 e a súa loita centrouse na denuncia do narcotráfico e a demanda de recursos profesionais, públicos e de tratamento da drogodependencia.[2]

Carmen Avendaño, fundadora de Érguete.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Érguete ten fins de interese xeral para a comunidade, encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción e a prevención. Traballan por xerar oportunidades e prestar servizos, además de fomentar hábitos de vida saudables, tendo sempre en conta a perspectiva de xénero.[2]

Comezaron proporcionando asistencia xurídica e social, máis as persoas precisaban acompañamento na súa incorporación sociolaboral. Deste xeito, foi como se creou a Fundación Érguete-Integración ano 1999, da man de asociación Érguete.[3]

Programas de intervención

[editar | editar a fonte]

A asociación dispón de seis programas de intervención:

  • Prevención: é o programa de información e orientación dirixido ao colectivo educativo, incluíndo familias, alumnado e profesorado. Pretende anticiparse ás posibles situacións de risco ante o consumo de drogas e de máis adicións. Abrangue desde o tempo de lecer, estudos, cultura, deportes e social en xeral, fomentando boas prácticas de vida saludable e unha ampla rede de apoio.
  • SIORT: é un Servizo de Información e Orientación Socio-Xurídica integral dentro do eido das condutas adictivas de de risco.
    Ventura Fernández Fariña, fundador de Érguete O Grove.[4]
  • O programa Vivendas de apoio está composto por tres vivendas de Vigo, onde se levan a cabo actuacións programadas con persoas en risco de exclusión social, para darlles a oportunidade dun axuste persoal e incorporación á sociedade.
  • Mírate: é un programa con perspectiva de xénero, dirixido as mulleres privadas de liberdade. Cunha intervención socioeducativa, trátase de mellorar a súa calidade de vida. Ten lugar no Centro Penitenciario da Lama e nas instalación da Asociación.
  • O PFIS, un programa de intervención socioeducativa para: menores con problemas de conduta, en situación de cumprimento de medidas xudiciais e sen protección ou por sancións administrativas por tenencia de cánnabis; persoas adultas que están a cumprir condenas en prisión en 2º grao penal, en 3º grao penal, en réxime de semiliberdade e/ou con medidas alternativas á privación de liberdade. Proporcionan unha intervención individualizada de cara a reeducación e reinserción social.
  • O AUTO-T, é un programa no que participan persoas internas clasificadas en primeiro grao das prisións da Lama (Pontevedra) e Teixeiro (A Coruña), no que se lles dan ferramentas para afrontar a vida con autonomía e confianza, para resolver conflitos e situacións persoais sen violencia. O obxectivo é a reinserción persoal e social.

Actividades

[editar | editar a fonte]

Décadas despois da súa fundación, Érguete pon o foco nas novas tecnoloxías, os móbiles, as redes sociais e a internet, procurando asesorar ás familias fronte a ameaza da adicción dixital.[5]

No ano 2025, con motivo do corenta aniversario da asociación, organizaron diversas actividades para todo o ano, lembrando a loita contra a drogadición e o seu legado.[6]

A exposición Érguete. La huella e las madres, un grito que cambió la sociedad, inaugurada en febreiro de 2025, no Museo MARCO de Vigo, ademais das obras de arte contemporánea que participan nela, pon en contexto a época que deu orixe á asociación, mostrando materiais gráficos, obxectos e documentos de arquivo empregados nas súas denuncias contra os narcotraficantes.As comisarias da exposición, Violeta Janeiro Alfageme e Mariña Carrasco salientaron que para elas foi moi importante ese proxecto, tendo como referentes esas nais, iniciadoras de Érguete.[7]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa traxectoria a Asociación Érguete e a Fundación Érguete foron recoñecidas con numerosos premios:[8]

  • 1997: Premio León Felipe contra la droga.
  1. A. Martínez (8 de marzo de 2011). "Érguete cumple 25 años de lucha contra la droga". La Voz de Galicia (en castelán).
  2. 1 2 "A Nosa Historia". Asociación Érguete. Consultado o 2025-02-26.
  3. Francisco, Leticia (2024-11-19). "La Fundación Érguete-Integración cumple su 25 aniversario: "Cualquiera de nosotros puede ser una persona vulnerable"". Cadena SER (en castelán). Consultado o 2025-02-26.
  4. Grove, Manuel Méndez-O. (2010-06-13). "Érguete O Grove desmonta su sede para desaparecer a final de mes". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2025-02-26.
  5. "De la lucha contra los narcos en los 80 a la batalla contra las pantallas: Érguete alerta de la nueva adicción". LaSexta (en castelán). 2024-10-07. Consultado o 2025-02-26.
  6. "Aquella Galicia de drogas y movida de los 80 desde la mirada de los usuarios de Érguete". La Voz de Galicia (en castelán). 2025-01-28. Consultado o 2025-02-26.
  7. Aparicio, Rocío Casas (2025-02-27). "La exposición "Érguete. La huella de las madres" recupera la lucha contra la drogadicción - EFE". EFE Noticias (en castelán). Consultado o 2025-02-27.
  8. "Premios, reconocimientos y galardones". www.fundacionerguete.org. Consultado o 2025-02-27.
  9. Laura Grandal (28 de xuño de 2007). "As medallas Castelao recoñecen a loita de Érguete". El Progreso.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]